Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Débeda histórica

viernes, 03 de febrero de 2006
En política, tódolos argumentos son válidos. Mesmo as “queixumes dos pinos” en versión económica, de plena actualidade nun momento en que todo o mundo reivindica diferencias, autonomías, recadacións, nacións...

O Psoe chámalle “déficit histórico”, pero están todos de acordo – Psoe, Bng e PP- en reclamar para Galicia o que se deu en chamar “débeda histórica”, que o Bloque Nacionalista Galego cuantifica en 21.000 millóns de pesetas.

Ós galegos parécenos perfecto que Galicia reciba, polo concepto que sexa, unha cantidade así para paliar deficiencias ostensibles en relación con outras “rexións ou nacionalidades” do Estado español. Se é en concepto de “débeda histórica”, moi ben. Se é como compensación a estar situados nunha esquina lonxana á que todo chegou máis tarde, pois tamén. Razónese bilateralmente co goberno central, ou dialóguese no Consello de Política Fiscal, enos o mesmo. O caso é que ese ingreso extraordinario entre en Galicia, no concepto que se estime máis oportuno e urxente.

Tense falado moitas veces do concepto “débeda histórica”, por parte da nosa e de outras autonomías. Pois se este é o momento axeitado para percibila, estamos dispostos.

O que é raro é que tódolos grupos políticos estean de acordo nun tema coma este. Normalmente, o grupo que sintonizaba co goberno central era sempre máis remiso por aquelo de non molestar demasiado ós seus correlixionarios.

Agora, todos de acordo. Se os tempos son chegados, fagamos a xestión, e pasemos por Caixa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES