Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (5)

Pombo Mosquera, Xosé Antonio - jueves, 30 de octubre de 2014
Notas da Quincena. «El Eco de Villalba». 15 de maio de 1910. Entré en la redacción cuando el reloj marcaba las ocho y media de la noche... cuando la estancia se quedó a obscuras. En la calle surgió un clamoreo inmenso...: ¡Luz! ¡Luz! ¡D. Pedro! ¡Luz! ¡Luz! D. Pedro el de la luz va a tener que cargar con el dictado D. Pedro el de las tinieblas, porque esto pasa de castaño oscuro... Y si tiene la culpa la Hidroeléctrica del Tronceda por no estar convenientemente vigilada la línea, que se corrijan, que el vecindario villalbés no tiene porqué pagar los platos rotos de nadie... Y perdonen mis lectores que esta crónica no salga con más calor porque, amigos míos, va muy mal hilvanada a la escasa luz del candil.

Festa da «Unión Villalbesa». O 24 de abril volveuse celebrar outra festa nos xardíns da Tropicana. Asistiron unhas duascentas cincuenta persoas. Deu comezo o xantar á unha da tarde co presidente da sociedade, o mozo Emilio Eymil, á fronte. O menú coma sempre, estivo cheo de lembranzas á terra. Logo a orquestra de Pablo Valenzuela interpretou ritmos caribeños e música de moda ata as seis da tarde.

A Comisión Executiva de 10 de xullo. Era evidente a necesidade de recursos económicos para afrontar a construción do hospital. Acórdase enviar os planos do edificio á illa de Cuba e admitir como novos membros da citada Comisión ó habaneiro Francisco López Arias e ó construtor local Antonio Fraiz.

Primeira pedra. Antonio García Hermida propón que se aproveiten as festas de San Ramón para poñer a primeira pedra do futuro «Hospital Conde Pallares». A colectividade da Habana traballa fervorosamente a favor desta magna obra e a Deputación Provincial aportará 15.000 Pts. A obra é moi necesaria.

O Hospital asilo de Vilalba (5)Capela de Guadalupe. As obras van por bo camiño. No mes de agosto xa se están dando os cales exteriores e cóntase con que estean rematadas para as próximas festas.

As festas de San Ramón celébranse con puntualidade. Para que chegasen a bo termo foi encomiable o labor de recadación de fondos que fixo a «Liga de Amigos de Vilalba» que, coa contribución de 450 Pts. por parte do Concello, logrou reunir 2.142’25 Pts.

Bancos de ferro. Colocáronse dez na alameda. Aínda que escasos, supoñen unha notable melloría para a xente.

A Comisión Executiva para a construción do hospital volve reunirse en decembro. Acorda comprar a Juan Monasterio, por 400 Pts., un ferrado de terra que linda polo oeste co que xa se mercara.

«El Ayuntamiento de Villalba».«El Eco» de 15. El 8 de octubre de 1834 fue instalado el Ayuntamiento de Villalba... bajo la presidencia del Alcalde Mayor D. Francisco Sanjurjo Valledor, con cuatro regidores y dos diputados. Los regidores fueron D. Francisco Basanta Cornide, D. José Mouriz, D. Antonio Silvelo y D. Ramón Carreira. Los diputados: D. Andrés Tobío y D. Pedro Vizoso. Acordaron en la primera sesión la rotulación de las calles y numeración de las casas, pudiendo rectificar los nombres de aquellas y dictar un bando de policía y buen gobierno de la población.

Distribución de impostos. Segundo informa «El Eco» de 15 de outubro, o Concello vai reunirse para decidir sobre os arbitrios municipais. Todo o mundo agarda que a distribución non se faga polo sistema de portas, polo que os veciños pagarían todos por igual sen ter en conta a súa riqueza.

Noticias de antano. «El Eco de Villalba» de 15 de outubro:
―A Primeira escola de instrución primaria en Vilalba. Estableceuse en 1826. Para dotar o mestre sinalouse sobre os fondos de propios e arbitrios desta vila, que consistían no sobrante do produto dos ramos arrendables despois de cubertos os seus encabezados. Para a escola contouse coas parroquias de Sancovade e Mourence para que en unión desta vila cubrisen dita dotación.
―Ponte Trimaz. En agosto de 1847 rematáronse as obras de construción da Ponte Trimaz da que foi contratistas Bartolomé Campello, veciño de Distriz. A Deputación Provincial concedeu para a obra 10.000 reais e o resto, ata os 26.785 en que foi presupostado, repartiuse ás parroquias de Vilalba e Xermade.

Parabéns a Felicia Mato López. A filla menor de Manuel Mato obtivo o título de mestra elemental tras brillantes exercicios.

Os muíños eléctricos. Rematáronse os traballos de instalación destes artefactos pola empresa «Hidroeléctrica del Tronceda». As probas realizadas na maquinaria deron un excelente resultado.

Festa no Palatino. O 28 de agosto a «Unión Villalbesa y su Comarca» promoveu unha xira campestre nos xardíns do Palatino para conmemorar o primeiro aniversario da súa fundación e celebrar o San Ramón. Como novidade no xantar serviuse viño «Tres Ríos», das adegas galegas dos Peares. Non faltou baile ó ritmo dos sons caribeños da orquestra de Enrique Peña e como deferencia unha muiñeira para rematar a festa. Asistiu numeroso público. Asina a crónica o membro da directiva Segundo López Carpintero.

Proxectos en Vilalba. «El Eco de Villalba» de 15 de decembro de 1910 enumera as necesidades para desenvolvemento económico e benestar dos vilalbeses:
―Matadoiro. Hase construír en terreos propiedade dos señores Samarugo. Medirá de longo 25 metros e de ancho 2,20. A fachada coincidirá co camiño que da fonte de San Xoán vai á horta do señor Goás; o lateral virá á liña esquerda da baixada á citada fonte.
―Lavadoiro. Por agora só se construirá un na parte posterior da fonte chamada «Porta de Cima». Logo hase estudar a construción doutro no «Rego das Donas» onde hai ó efecto auga
abundantísima, pero as malas entradas ou camiños cumpriría amañalos en forma....
―Praza de Abastos. Edificarase no espazo de segue á casa de Pedro Rico, dando fronte á rúa. Terá aproximadamente 25 metros de fronte por 15 de fondo; a fachada levará dúas entradas de 2’50 metros cada unha. As súas dependencias interiores serán as seguintes: dous despachos pechados para carnes, et. de bastante capacidade, un en cada lado facendo simetría; doce ou máis mesas ou postos para a venda doutros artigos de estilo moderno e coas condicións que a comodidade e hixiene requiren. Contará con outros despachos imprescindibles, como instalacións de auga, inodoros, etc...
―Ensanche do cemiterio. Calcúlase que se necesitarán, para una ampliación regular, o equivalente á metade do que hoxe existe, uns 16 metros de fronte por 60 de fondo, ou sexa a metade dunha leira que ó carón do actual posúe Rosendo López. Una vez ensanchado, hase construír nel unha capela e anfiteatro.
―Kioscos. Aproveitando o espazo que media entre a beirarrúa e a parede do patio do cárcere, que mira á rúa Progreso, faranse un ou dous despachos de diversos artigos, contribuíndo así a hixienizar e embelecer aquel punto tan vistoso, convertido hoxe en recipiente de inmundicias, con grave perigo da saúde pública.

Reparto de arbitrios. O 16 de outubro celebrouse sesión municipal para decidir sobre este problemático asunto. A cuestión debatida era como aplicar o aumento previsto por mor da maior carga municipal. O señor Orosa defende o sistema de «portas» -cobrar por casa-. Logo toma a palabra o señor alcalde e ante a súa pregunta retórica de:
–Que se acorda en virtude do exposto?. Unha voz de entre o público responde:
–A min paréceme que empregados que coman hai abondo (risas xerais).
O concelleiro Jesús Gayoso fai unha cálida defensa dos intereses da vila probando que o sistema de portas traería ruína e miseria e de seguido presenta unha moción para que non suban as taxas e que todo continúe igual. Así queda aprobado entre aplausos dos asistentes.
O Hospital asilo de Vilalba (5)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES