Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De metidas de zoco e boa fe

miércoles, 29 de octubre de 2014
A semana pasada nunha entrevista radiofónica, o cineasta manchego Pedro Almodovar volveu relacionar o ser galego coa incultura e coa ignorancia. Antes de nada quero amosar o meu respecto ao traballo e a traxectoria de Almodovar que con xustiza é un referente do cine internacional.

Como moitos comentan nas redes sociais creo que nas súas verbas non houbo intencionalidade de ofender directamente aos galegos (como amosa a súa fermosa carta de desculpa. Non só as acepto senón que considero que o honran porque nada hai máis digno que a capacidade de pedir perdón), intencionalidade que si houbo noutros casos. O que pasa é que un empeza a fartarse de tanta humillación gratuíta por parte daqueles que defenden a unión e ao mesmo tempo ofenden a unha parte de dita unión dende os tópicos socioculturais máis rancios.

Coido que estas ofensas non son só erros nin saídas de ton puntuais e, polo tanto, perdoables dado que ninguén é infalible e que non hai nada máis humano que o perdón dos erros; proba disto é que o erro repítese en distintas bocas e iso fai cavilar na intencionalidade dos feitos.

Antón Valcarce cantou no seu día aquilo de “son galego con orgullo”. Ese orgullo no que sinto e vivo obrígame a manter o respecto escrupuloso a todas as formas de ser, a todos os pobos, a todas as culturas das que agardo que me enriquezan persoal e colectivamente porque non creo na pureza, senón na fusión e no continuo intercambio que tece recreacións en forma de produtos culturais imprescindibles para a evolución humana. Eu non quero illamento pero coido que o diálogo nunca pode ser renuncia dunha parte.

Todos os que cremos no interculturalismo e na fusión humana a todos os niveis recibimos outro pau nas declaracións de Pedro. Estou seguro do seu arrepentimento pero utilicemos o erro para a reflexión colectiva e chegaremos á gran necesidade de construír un país dende o respecto mutuo, sen renuncias nin exclusións. Coido que este é o único xeito de convivencia, xa que nunca haberá unión nos alicerces do desprezo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES