Almas en pena
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 27 de octubre de 2014
Cadeiras de alcatrán no portal dunha residencia da Santa Compaña. Cancións de pegamento que arrodean os cadrís dunha vaca que abeira por Sudalomba abaixo. Quixo a carpaza rifar coa tía, pero o misto non prendeu na isca e unhas pingas de orballo caeron sobre o fociño do Uriarte.
Hai berros que viaxan por entre os piornos do Medo e hai lobos que oulean polo celo dalgunhas bestas. Mesas de chapapote nos corredores do cemiterio, para que, polas noites, as almas en pena xoguen a partida de ir e non volver.
Ladra o can de palleiro por entre as medas de Portugalego.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora