Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción popular no santuario do S. Benito de Carballo. Friol (Lugo) (I)

miércoles, 01 de febrero de 2006
Devocin popular no santuario do S. Benito de Carballo. Friol (Lugo) (I) Devocin popular no santuario do S. Benito de Carballo. Friol (Lugo) (I) PUBLICACIÓN: LUCUS, nº 44, 1998, páxs. 74-79.

I.- O concepto da devoción popular
Sobre este concepto hai moita confusión e ambigüidade. Así fálase do catolicismo popular, da relixión popular, da fe popular etc. Isto é a razón de que sexa difícil definir a relixiosidade do pobo, xa que é un mundo de sentimentos, vivencias, ritos, expresións prácticas... (1). De tódolos xeitos a relixiosidade de cada pobo, como todo fenómeno vivo, ten as súas características. Cada comunidade posúe o seu peculiar modo de viví-la fe e de manifestala. A relixiosidade popular vai ligada a elementos folclóricos e populares xa que son expresións da identidade dun grupo. "Una religiosidad es popular cuando se configura con ese pueblo y expresa el sentir del mismo" (2). É parte da cultura, dun xeito de pensar e de vivir. Polo tanto, para estudiala hai que ter en conta o pasado e o que actualmente lle rodea, as circunstancias do lugar e o estilo das xentes. Como viviron o cristianismo, que é o que herdaron dos séculos pasados, que é o que cada unha das xeracións recibiu e aportou. E popular o que o pobo crea. Tamén o que recibe, asimila e fai propio (3). Polo tanto, a relixión de cada grupo humano é unha especie de colección viva de cantos, ritos, vivencias, que un pobo vai reunindo ó longo da súa historia.

Por outra banda o fenómeno relixioso popular tenta buscar co divino unhas relacións máis simples, directas e rentables. Isto fai posible que a devoción popular estea en contacto coa plástica simbólica en contraposición ó abstracto. "...la religiosidad popular comporta con frecuencia una reacción anti-intelectualista, y a su vez, la creación de otros lenguajes más cercanos a su mundo y su mentalidad" (4). Tamén as expresións relixioso-populares son a manifestación da emotividade persoal e responden ó desexo e á necesidade da intimidade có ser sagrado. Finalmente os devotos nas súas relacións có sagrado adoptan unha postura pragmática de tal xeito que a petición dunha serie de rogacións sigue sendo unha característica básica da relixiosidade popular. "Reliquias, medallas, aguas sagradas, imágenes de devoción, tienen como fin atraer el poder divino y ponerlo en favor del creyente" (5).

II.- O concepto do santuario
O santuario é un sitio de culto representado por unha ermida, capela ou igrexa parroquial ó que veñen devotos non só da comunidade parroquial na que se sitúa o recinto sagrado senón tamén doutros lugares, para pregar á divindade a concesión dunha serie de rogativas de base material- recobrar a saúde, boas colleitas...- e algunhas de base espiritual. Logo de que a divindade lles outorgou as rogativas requiridas acoden para levarlle a cabo as promesas ofrecidas.
"Los santuarios son percibidos como espacios sagrados, de los cuales irradia la salud material o espiritual, y a los que se acude de forma individual o colectiva" (6).
"... y hace en algunos santuarios, iglesias y ermitas de estos Santos milagreiros, a donde en forma masiva acuden, los días de la fiesta, cientos de romeros y devotos peregrinos con sus ofrendas. Unos para hacer un voto y promesa, que obligue al Santo a concederles el favor que le piden, y otros a cumplir lo que anteriormente prometieron" (7).
Nos santuarios se venera á divindade representada por Xesús, Cristo (Eccehomo) e a unha serie de intercesores como distintas advocacións da Virxe e diferentes imaxes de santos.
"El santuario es un lugar santo, en que el hombre se encuentra con lo numinoso, lo sobrenatural, la divinidad" (8). Os santuarios alcanzaron unha devoción popular cando as súas imaxes se amosaron favorables ante moitas rogativas.
"El Santuario es un lugar de culto que atrae romeros en ámbito superior al local" (9).

III.- O Santuario do S. Benito de Carballo

1.- A localización

1.1.- No ámbito parroquial e municipal
O santuario está situado na parroquia do S. Xulián de Carballo, municipio de Friol, arciprestado de Narla e diócese de Lugo. Da capital do municipio, que é Friol, hai unha distancia por estrada de 10,2 km.
A parroquia do S. Xulián de Carballo ten as seguintes entidades de poboación: Albeiro, Barallobre, Bernadal, Carballo, Cortella, Currás, Fraga, Freiría, Froxelle, Guntín, Laxe, Manxadoiro, Paredes, Penelas y Pereira.

1.2.- No ámbito provincial
A capital provincial dista 34,2 km. do santuario.

4.- Caractéres artísticos do Santuario
O santuario é dos séculos XVIII-XIX. Foi construído con aparello de sillar. Na súa análise é mester distinguir dous niveis:

1º.- Nivel Arquitectónico.- Está composto de dous elementos.
1.1.- Un pequeno pórtico, adosado á nave polo flanco norte, no que hai unha porte de acceso á capela lateral correspondente. Está cuberto cun pequeno tellado sostido por dúas pilastras.
1.2.- Hai unha nave que ten unha cuberta a dúas augas. No seu interior hai tres capelas: dúas laterais, con tellado a tres augas o que lle da ó edificio o aspecto dunha plante de cruz grega, e unha maior con cuberta a catro augas, sobresaíndo no alzado.

2º.- Nivel Ornamental.- Hai tres retábulos
2.1.- Retábulo da capela maior.- Neoclásico, de fins do século XVIII. Imaxes do S. Xulián, Dolorosa e S. Roque.
2.2.- Retábulo da capela lateral dereita.- Neoclásico, século XIX. Imaxes da Virxe, S. Antonio e S. Xosé.
2.3.- Retábulo da capela lateral esquerda.- De fins do século XVIII. Imaxes do S. Benito de Palermo, S. Blas e S. Ramón (10).

5.- Algunhas datas da construcción do Santuario
Na parte superior da porta de acceso á capela lateral hai unha inscrición do ano 1796, data na que debeu rematarse a parte maís antiga da igrexa. No interior da nave, a capela lateral dereita ten a data do ano 1879 e a da esquerda foi pintada no ano 1865. No arco triunfal da capela maior figura a data do ano 1895. Finalmente o retábulo lateral dereito, segundo consta nunha inscrición, foi restaurado e pintado por José Casanova Cortiñas no ano 1881.

6.- Algunhas datos biográficos do S. Benito de Palermo
S. Benito de Palermo naceu en Sicilia. Foi fillo dun escravo procedente de Africa. Fervoroso cristián, estivo no deserto en compañía duns homes que vivían alí seguindo a regra de S. Francisco de Asís. Disposicións das autoridades eclesiásticas levárono a incorporarse á orde franciscana no convento de Sta. María de Xesús de Palermo (Sicilia-Italia). Alí permaneceu como irmán leigo, querido e admirado na súa virtude, ata o punto de ser nomeado superior. Morreu a fins do século XVI. O papa Pio VII elevouno ó Catálogo dos Santos no ano 1807.

7.- Días da festividade no Santuario e procedencia xeográfica dos devotos
O tres de maio celébrase a festividade do S. Benito de Palermo. Acoden devotos non só do municipio de Friol, senón tamén doutros municipios como Palas de Rei, Sobrado dos Monxes, Lugo, Begonte, Guitiriz... "A primeras horas de la mañana, por Carballo se dejaron ver autocares procedentes de Palas de Rei e Sobrado dos Monxes, dos de los municipios limítrofes con Friol" (11).

8.- As rogativas por parte dos devotos
En xeral os devotos ofrécense por si mesmos ou para lograr algunha intercesión para outras persoas que non podían acudir ó santuario por algunhas doenza.
Entre as rogacións máis específicas distingo as seguintes:

A.- Por doenzas humanas, relacionadas con diversas partes do corpo humano como o amosa o feito de que bastantes devotos cando veñen ó santuario traen exvotos de cera que representan diversas partes do corpo humano: pernas, pés, brazos...
B.- Por doenzas de animais: eguas,vacas e cochos dun xeito preferente. Hai devotos que acoden ó santuario, traendo exvotos de cera que representan ós devanditos animais.
"Si teñen unha vaca enferma, a muller que vai a operarse ¡S. Benito dame sorte!, o sanar veñen a ofrecer cousas" (12).
C.- Polos fillos recen nados para que o S. Benito llos criara sans.
D.- Por calquera perturbación que puidera haber no ámbito familiar.
Polo tanto os devotos pregaban ó santo a súa intercesión para os animais e as persoas.

9.- As promesas ofrecidas ó santo
A unidade básica de relación entre o devoto e a imaxe sagrada para resolver unha serie de problemas é a promesa. Esta consiste normalmente nun contacto directo e sagrado de forza moral entre a persoa e Deus por medio de Cristo ou dunha serie de mediadores como son as distintas advocacións da Virxe e os santos.
"Para chegar con máis seguridade a ese Deus, non sempre persoal, o galego bota man dos santos e da Virxe..." (13).
A promesa a divindade reproduce dun xeito claro o sistema social vixente no que alguén fai algo a cambio dunha posterior axuda cando chegue o momento adecuado.
"El intercambio de dones entre una persona y un ser sagrado es algo universal y fuertemente vinculante" (14).
Neste santuario podemos distinguir dous modelos de relación entre os devotos e o santo.
1º.- A promesa xeralmente é condicional, é dicir, o santo concede a petición ó devoto e logo este cumpre a promesa; trátase dun cumprimento "a posteriori". Este tipo de promesa recibe os nomes de "Ofrenda condicionada" (15) e "Petición Condicional" (16).
2º.- Algúns devotos veñen pregar a mediación do santo ante un problema determinado, realizando unha serie de rituais e ofrendas. Neste caso os distintos rituais e ofrendas que os devotos levan a cabo teñen lugar antes de que lles sexa concedida a petición. Este tipo de promesa recibe os nomes de "Ofrenda Propiciatoria" (17) e "Devoción Peticionaria" (18).
As promesas máis frecuentes que se levan a cabo neste santuario son as seguintes:
A.- A realización dos distintos rituais ligados ó santuario, que segundo o grao de participación dos devotos teñen un carácter colectivo ou individual.

1.- Os rituais colectivos
1.1.- A celebración de misas

Desde as dez da mañá celébranse algunhas misas que son oficiadas por cregos de freguesías contiguas. Á unha da tarde ten lugar a misa solemne concelebrada por varios cregos.
Algúns devotos asisten a este oficio relixioso con candeas, acesas, da súa mesma altura. "Oen a misa coa vela acesa e despois deixanlla quedar ó santo" (19).

1.2.- O ritual da procesión
En rematando a misa solemne celébrase a procesión que sae fóra do adro e dá a volta ó redor dun cruceiro que se encontra a carón da fonte do santo. Nalgúns santuarios de Queiroga (20), Pantón (21), Sober... a procesión lévase a cabo antes da celebración da misa solemne.
Na procesión interveñen os seguintes elementos:
a.- A cruz e o pendón parroquial levados por fregueses do S. Xulián de Carballo.
b.- As imaxes da Virxe e o S. Roque, levadas nas andas por catro mulleres e homes da mencionada freguesía.
c.- A imaxe do S. Benito de Palermo, levado nas andas por catro homes, pertencentes normalmente a freguesía.
d.- Os cregos concelebrantes.
e.- Os devotos colocados sen distinción de idade e sexo.
Tódalas imaxes que saen na procesión santifican o espacio que percorren, proporcionando unha enerxía positiva a tódolos seres, tanto persoas como animais, que se encontran en dito espacio. Segundo a disposición da procesión Álvarez Gastón distingue unha serie de características:
"Se trata de manifestaciones más multitudinarias, no sólo por los participantes activos sino también por los numerosos espectadores. Dentro de la comunidade local, es algo que llega vitalmente a los feligreses. Los elementos fundamentales de toda procesión son: las imagenes, la forma de llevarlas, el pueblo que participa y el que mira, el espíritu de la celebración-cantos, rezos, silencio..." (22).

NOTAS
Os mapas foron feitos por José Cancio Fernández.
1.- TOSCHI, P.: Guida allo studio della tradizioni popolari, Serie de Antropologia, etnología e religione, 5ª ed (Boringheri) Torino, 1974, p. 24.
2.- BOROBIO, D.: Religiosidad popular en la renovación litúrgica. Criterios para una valoración, Phase 89, Barcelona, 1975, p. 347.
3.- ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo.: La religión del pueblo. Defensa de sus valores, B.A.C., Madrid, 1976, p. 36.
4.- CACHEDA VIGIDE, Eduardo Aurelio.: La Religiosidad Popular en Galicia. El Municipio de Arzúa, Santiago, 1991, p. 289.
5.- BASURKO, Xabier.: "Los santuarios hoy: claves de interpretación teológica-pastoral". Santuarios del P. Vasco y Religiosidad popular, II Semana de Estudios de Hª Eclesiástica del P. Vasco, Vitoria, 1982, p.308.
6.- PRAT I CAROS.: "Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía", en La Religiosidad Popular, III. Hermandades, Romerías, Santuarios, Anthropos, Barcelona, 1989, p. 227.
7.- DE SAÁ BRAVO, Hipólito.: Creencias del Costumbrismo Religioso en Galicia, Servicio de Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, 1991, p. 36.
8.- DIEZ TABOADA, Juan María.: "La Significación de los Santuarios", en La Religiosidad Popular, III. Hermandades, Romerías y Santuarios de C. Álvarez Santalo, María Jesús Buxo y S. Rodríguez Becerra(Coords), Anthropos, Barcelona, 1989, p. 269.
9.- CEBRIÁN FRANCO, Juan José.: Santuarios de Galicia
(Diócesis de Santiago de Compostela), Santiago, 1982, p. 6.
10.- GONZÁLEZ REBOREDO, J.M.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Ministerio de Cultura, Madrid, 1975, T.II, pp. 59-60.
11.- Diario "El Progreso de Lugo", Redacción, 1992, p.13.
12.- Informante de Carballo.
13.- MOREIRAS SANTISO, Xosé.: "A relixiosidade popular no sector rural", en Rev. Encrucillada nº 9, Ed. Sept, Vigo, 1978, p.64.
14.- MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Las Romerías/ Peregrinaciones y sus símbolos, Ed. Xerais de Galicia, Vigo, 1987, p. 272.
15.- GONDAR PORTASANY, Marcial.: "Racionalidad campesina y Relativismo cultural", en Antropología y Racionalidad, Ed. Sálvora, Santiago, 1980, p. 60.
GONDAR PORTASANY, Marcial.: Crítica da razón galega, Entre o nós-mesmos e nós-outros, Nós os Galegos, Vigo, 1993, p. 153.
16.- WILLIAM CRISTHIAN, A. Jr.: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español, Madrid, Tecnos, 1978, p. 134.
17.- GONDAR PORTASANY, Marcial.: Ob. cit., 1980, p. 60. / Ob. cit., 1993, p. 154
18.- WILLIAM CRISTHIAN, A. Jr.: Ob. cit., 1978, p. 134.
19.- Informante de Friol.
20.- BLANCO PRADO, José Manuel y RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel.: "La devoción popular en el Santuario de La Ermida (Queiroga)", en Lucus, Boletín Informativo de la Diputación de Lugo, nº 42, 1994, pp. 35-37.
21 .- BLANCO PRADO, José Manuel.: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Servicio Publicacións Deputación Provincial de Lugo, 1996, p. 134.
22.- ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo.: Ob. cit., 1976, pp.91-92.
ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo.: La religiosidad popular, Cuadernos B.A.C., Madrid, 1981.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES