Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un oso no Bispo Santo

viernes, 24 de octubre de 2014
Verán de 2005; a nova deixáranos abraiado; “un artista alemán ultima a unión virtual entre Foz e a súa antípoda”. ¿Qué se nos perdería por aló?

Ninguén o sabía, pero eso decraraban Joerg Jozwiak, o promotor da cousa, e o goberno local, entusiasmado. Non soubemos mais da intrépida iniciativa e, despois do tempo pasado, demos por cancelada a insólita noticia coa mesma indiferencia coa que no seu día a acolléramos, pois os que por razóns biolóxicas chegamos a destempo á cultura do “virtual”, mantemos certa dúbida ante tanta marabilla…

O que sí espertou a curiosidade, e unha remota esperanza, foi a paralela e extrana presenza dun oso polo Bispo Santo porque, aínda que morto, pensamos que podería ser sinal de vida (non morre o que non vive); e sen ser o hábitat idóneo, cunha pouca de imaxinación e moita fe, poderíase contemplar o posible de que a paraxe, pola que xa señoreaban o xabarín e o corzo, se convertese en reserva de caza maior.¿Imposible? Os focegos estamos de volta de feitos que rachan coas leis naturais e a lóxica ¿Non foi dende alí onde San Gonzalo, contrariando as leis físicas e os razonamentos escolásticos, afundíu a flota de naves normandas?

Pouco había que persoeiros de Turísmo da Xunta dixeran na Mariña que a procura do “turismo de calidade”, pasaría pola oferta dun ocio que se asentaría no deporte naútico– portos deportivos–e o golf, e que a caza maior exerce grande atracción para xentes “de calidade”, entendido o termo no senso que nos ocupa. Razón ésta do interese polo posible de que a especie viñera a medrar e multiplicarse ós pagos nos que perdeo a vida o animal que, en mala hora subíu ó Pico da Lebre, paraxe natural, mirador panorámico e alí, entre a cochambre, morrer de noxo e tristura.

Dacordo ós analistas turísticos, e posto que Foz, sen porto deportivo nen campo de golf – éste hai mais dunha década dábase por feito - “para a consolidación do turismo no noso concello”, decía voz autorizada ; así as cousas, quedaba a alternativa da caza maior, e neste senso era o oso a derradeira esperanza; mais o do plantìgrado foi unha quimera, un espellismo. A vida está chea de frustracións...!
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES