Lei de Seguridade da Casta
Cardalda, Theo - jueves, 23 de octubre de 2014
Desde o Preguntoiro: Lei de Seguridade da Casta
Contei os meus anos e descubrín, que teño menos tempo para vivir de agora en diante, que o que vivín ata agora. Xa non teño tempo para aturar a persoas absurdas, que a pesar da súa idade non creceron nin cultural nin mentalmente. Xa non aturo e me molestan os envexosos que tratan de desacreditar aos máis capaces e intelixentes, para lles roubar os seus talentos e logros. Non teño tempo para escoitar a políticos desalmados e retrógrados, que falan desde o púlpito do poder pervertendo a democracia, aprobando leis anticonstitucionais nomeándoas con eufemismos.
Aproveitando unha cortiña de fume (ébola e tarxetas blak), o Goberno aprobou en solitario esa Lei Mordaza chamada Lei de Seguridade Cidadán. Lei que foi rebatida por xuristas, sindicatos policiais e organizacións civís, e agora por toda a oposición do arco parlamentario presentando emendas a totalidade, mostrando unha foto histórica todos xuntos fronte a porta do Congreso con mordazas na boca. Os portavoces de todos os grupos cualificaron esta lei de represiva, innecesaria, fascista e franquista, estamos a falar da representación maioritaria da cidadanía. Ata o Comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa, define esta lei como altamente problemática.
O medo á xente protestando na rúa, é o que lles leva a impoñer esta lei fascista e un estado policial a unha sociedade machacada por tanto impresentable, mediocre e casta franquista, por certo, o Ministro do Interior é fillo dun general do exército golpista. Seguimos coas abondosas togas e sotanas que non deixan progresar a este país desde fai moitos séculos.
Os Pirineos, anque perforados por unha morea de túneles, seguen sendo os Pirineos, e o vento do sur, seco e irrespirable, anuncia a proximidade do deserto africano.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora