Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Usar non significa abusar

jueves, 23 de octubre de 2014
Desde que nos instauramos na sociedade do benestar e do consumo, quen máis e quen menos non desexa apearse.
Xa din alí:
“Á boa vida afaise calquera”

Pois si, a verdade é que para afacerse á boa vida non se precisan grandes doses de esforzo; é moi doado.
Seino por experiencia propia.
Chega un momento que xa o consideramos normal, xa o consideramos un dereito.
Todas aquelas persoas que lles tocou nacer na etapa do benestar xa o teñen asumido como algo natural. De feito elas sempre viviron nesa vida e non recoñecen outra.
Tal é o caso da infancia, da adolescencia e da xuventude da actualidade.

Os adultos aínda teñen na súa mente certo xeito de vida de non fai tanto, pero como non lles trae bos recordos, procuran ocultar esa realidade.
Moitas persoas xa avanzadas en anos recordámos que non sempre foi así.
Pero a verdade é que quen máis, quen menos, todos caemos na comodidade e por veces, incluso na irresponsabilidade, á hora de usar según que recursos.

-NO TOCANTE Á ROUPA:

¿Quen en idade adulta-senil non lembra cando se remendaba a roupa e se zurcían os calcetíns?
¿E canta roupa a medio usar non tiramos hoxe en día ese mesmo colectivo?
¿Cantas persoas, non temos –na actualidade- os armarios ateigados de roupa?
¿Cantas persoas menores de corenta anos, saben hoxe en día zurcir uns calcetíns ou subir unha bastilla?

¿Usamos ou abusamos?

-NO TOCANTE Ó CALZADO:

¿Quen non recorda o oficio de zoquiero no medio rural?

¿Lembra alguén cantos pares de zocas ou de zocos deixa gastado ata o límite?
¿Acórdase alguén de cando levaba as zocas polo camiño que deixaba escondidas nunha silveira para poñer os zapatos pouco antes de chegar á festa?

¿Cantas veces temos levado os zapatos ó zapateiro os que nos tocou nacer na segunda metade do século pasado?

¿Cantas veces visitamos o zapateiro hoxe en día?

¿Cantos pares de zapatos temos arrinconados?
¿Cantos levamos a Cáritas?
¿Cantos tiramos ó contenedor do lixo?

¿Usamos ou abusamos?
Cadaquén pode saca-las súas conclusións.


-NO TOCANTE Á ALIMENTACIÓN:

¿Quen no recorda como nos alimentábamos cando éramos nenos os que hoxe peiteamos canas?

¿Quen non se lembra de ter lavado un bocado de pan de broa no peto cando lle tocaba ir coas vacas ó monte?

¡E cando a fame apretaba, aquel pan sabía a gloria!

Daquela tomábase pan con compango cando o había.

Na actualidade:
¿Canto bocadillos van directos ás papeleiras nos patios dos institutos?
¿Cantas racións de alimentos van ós contenedores?

¿Canta carne se tira -como desperdicios- nos supermercados e nas carnicerías?
Eso sabémolo ben os que temos cans e pedimos algo para eles cando imos a eses establecementos.
Os que agora peiteamos canas, pensamos: ¿Non se podería aproveitar esta carne para unha sopa, para un caldo, para unhas lentellas ou para unha potaxe?

¿Como é posible que nos volvéramos tan soberbios en tan pouco tempo?
¿Qué dirían os nosos avós se levantaran a cabeza?

Antes ninguén falaba de ser alérxico a esto ou a aquelo. Ninguén era celíaco? Ninguén…

¿Por qué agora hai tantos alérxicos?

¿Canto se despedicia nas celebracións feitas en restaurantes?

¿Qué pasa, nos bautizos, comunións, cumpreanos e nas nas vodas?

¿Usamos ou abusamos?

-NA ESCOLA:

¿Canto nos duraba unha pizarra e un pizarrillo ós que agora pasamos dos sesenta?
¿Canto nos duraba un caderno, unha goma ou un lapis?

¿Cantas follas arrancan algúns alumnos na actualidade, sencillamente por non saber valoralas?
¿Cantos folios se malgastan hoxe en día en fotocopias que moitas veces hai alumnos que non chegan a usalas?
¿Usamos ou abusamos?

-NO FOGAR:

Antigamente había que ir á fonte a buscar a auga.
E no medio rural non só para os humanos, senón tamén para o gando...
Non se desperdiciaba nin unha pinga porque se sabía o sacrifico que costaba ir a busca-la á fonte.

¿Canta auga deixamos correr innecesariamente hoxe en día tan só á hora de lava-los dentes ou as mans?

Tamén había que ir a lavar ós lavadoiros públicos ou a un regato próximo.
Pouco a pouco a auga foi chegando as casas. Algo moi necesario que hoxe consideramos normal, pero non sempre foi así.

¿Cantas lavadoras poñemos hoxe cada día e a veces a medio encher?

¿Usamos ou abusamos?

-NO TOCANTE Á SAÚDE:

No século pasado, a maioría das enfemidades de escasa gravidade, curábanse con remedios caseiros no propio fogar. Tan só se visitaba o médico en casos de necesidade, en parte porque non había Seguridade Social para todos e tamén porque os cartiños adaban moi pero que moi escasos na inmensa maioría das casas.

Falo polo que vía na miña.

Quizais o seu caso sería diferente.

Posiblemente vostede fora unha das poucas persoas afortunadas daquel momento. ¡Noraboa!

O que eu observaba era que se caías e torcías un dedo, un pé, un brazo...
Mirabas se as articulacións funcionaban, se facía falta lavábalo en auga ben quente con sal ou vinagre ou preparabas uns fomentos con sampedras e esperabas a que a natureza fixera o resto.
Hoxe en día a maioría vai directamente a urxencias, agarda alí tres horas, formula a conseguinte reclamación e cando a atenden limítanse a poñerlle unha férula porque realmente non precisa nada máis.

¿Non poderímos facer algo tan sencillo na casa sen ocasionar gastos e molestias innecesarios á Seguridade Social que ten outras urxencias que atender?

¿Usamos ou abusamos?

Non hai moito, cado che doía a cabeza: cortabas unhas talladas de patacas, poñíalas arredor da fronte ben suxeitas cun pano atado detrás, e esperabas que che pasara.

Hoxe vaise ó médico, atibórranse as consultas, pídeselle o remedio máxico ó médico de turno, énchese os organismo de química...
E logo queixámonos de úlcera de estómago e outros...
E aínda máis...
¿Quen non ten unha pequena farmacia na súa casa?

Hai quen colecciona medicamentos igual que se foran cromos...
Como é lóxico a Seguridade Social resíntese...
Xa sei que moitas veces é por mala administraación dos responsables de turno; pero ...
¿Non somos todos responsables en maior ou menor medida?
¿No temos todos máis ou menos parte na crise que estamos padecendo?

A min paréceme que USAR NON NON SIGNIFICA ABUSAR aínda que estas dúas palabras teñan moitas letras en común.

Non sei a súa opinión, pero a min paréceme que unha das ensinazas que deberíamos sacar desta etapa de crise é a de aprender a non abusar.
Por eso titulo o seguinte artigo:
“SOMOS O QUE SOMOS PORQUE FACEMOS O QUE FACEMOS”.
Graciñas por terme na súa consideración esta ocasión.
Saudiños.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES