Síntoo, pero disinto
Piñeiro, Antonio - lunes, 20 de octubre de 2014
Si, xa sei que son -os catro- recoñecidos especialistas nas súas áreas de coñecemento. Que fixeron un exhaustivo traballo de documentación. Que se entrevistaron con tódalas partes e que non tomaron un partido claro -por máis que así fose resumido pola prensa- nin cara unha nin cara outra solución, senón que se limitaron a recomendar (cunha certa querencia, tamén é certo, cara a interpretación da plataforma veciñal, que non dos veciños) que "a súa transformación nun espazo de novos usos debería implicar un proceso importante de reflexión que se debe levar a cabo de forma colexiada e colectiva, contando con tódolos axentes implicados: administracións, xestores, investigadores e, por su posto, os veciños do Val de Monterrei".
Si, é certo. Do que estou a falar "máis unha vez" -como din augas embaixo do Támega- é do proceso de recuperación arquitectónica ó que está sendo sometida a fortaleza de Monterrei. Ou, para sermos máis exactos, unha parte da fortaleza de Monterrei.
E estou a falar diso porque, como teimoso defensor da rendibilización económica do patrimonio histórico da nosa provincia e da súa utilización -coas lóxicas prudencias e os lóxicos coidados que o mesmo merece- para axudar ó asentamento da poboación nas nosas vilas e mesmo nas nosas aldeas, lamento disentir con algunhas apreciacións que estes catro prestixiosos representantes do Consello da Cultura galega fan no informe "Usos do castelo de Monterrei", sobre o que hai uns días se fixo eco a prensa galega en xeral e dun xeito particular esta mesma.
Disinto -e xa me fixen eco aquí noutra ocasión- porque que cada vez que se fai referencia a algunha alternativa de uso, fronte ó uso turístico-hosteleiro que se propón, xamais se presenta unha proposta concreta, saltando de contado por riba dela cos "comodíns" de converter o conxunto nun "elemento dinamimzador da comarca" ou dedicalo a usos culturais.
Disinto porque ó facer referencia á "cidadanía" adoita tomarse a parte polo todo e transfórmase de contado a opinión dunha plataforma veciñal na opinión de toda a veciñanza. E iso adoita crear unha distorsión de partida que -disimúleme a redundancia- acaba duistorsionando o razonamento de fondo.
Pero, sobre todo disinto porque non creo que sexa axeitado facer un paralelismo negativo co deficiente funcionamento do vello Parador como argumento que sosteña as dúbida sobre a súa rendibilidade hosteleira de futuro, xa que logo, poida que aí estea precisamente a "nai do año" e os posibles usuarios ós que non lles resultaba atractivo hospedarse nunha nova e insulsa construcción, se cadra acaben devecendo por durmir en tan señorial fortaleza.
Pero bueno..., a forza de disentir -razonablemente- é como á fin e ó cabo se vai atopando o mellor camiño.

Piñeiro, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora