Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non chove a gusto de todos

lunes, 20 de octubre de 2014
Nunca chove a gusto de todos, porque a choiva ven poñer patas arriba todo o entramado que organizamos para a nosa vida diaria, para os nosos desplazamentos, para o traballo ou para o lecer. E nunca chove a gusto de todos porque ao organizarnos para todas estas actividades cada un de nós precisa un tempo determinado que nos acompañe do xeito que nos convén.

Pero o que si estamos todos de acordo é que, cando chove, se produce o fenómeno de limpeza da atmósfera porque a auga arrastra particulas que pululan no aire que respiramos, enche as alcantarillas que deixan de feder pola acumulación de lixo, elimina das rúas todos os restos que inadvertida ou conscientemente deixamos caer... e a pesar de que a auga sexa molesta polas complicacións que provoca, respirar aire máis limpo, sen contaminación, compensa de todas as incomodidades.

Mágoa que esta limpeza non se poida trasladar a outros campos da actividade humana, e que a auga que caeu hai pouco non limpe tamén outros ambientes enrarecidos que nos costa traballo respirar aínda que non o notemos. Xa sei que é imposible, pero imaxinemos que a auga que caeu a cachón puidese limpar a contaminación por ébola, tranquilizando a todos os que temen que unha epidemia así poida transmitirse pola nosa terra por imprudencia ou descuido.

Imaxinemos que a auga limpadora ao caer, de paso que leva o lixo festeiro das rúas puidese limpar tamén as novas que un día si e outro tamén recibimos de corrupción, de funcionamentos anómalos, de enchufismo, de conexións improcedentes, de utilización privada de bens públicos... Se fose así, tiña –como di a canción- que chover a cántaros.

Se chovese que levase os malos modos que se usan na política; se a auga fixese amortecer palabras vanas de contos que nos contan; se a auga anegase os explosivos terroristas e, de paso, as almas mortas que coidan que o terrorismo é camiño de futuro... se chovese así, valería a pena facer rogativas ao xeito tradicional para pedir auga que nos lavase. Pero socialmente, globalmente, non hai auga que nos lave.

Mágoa que esa auga que limpa só os nosos aires e as nosas rúas sexa tamén a que intentou destruir -sen éxito- neste 2014 a festa máis fermosa do outono galego, o San Froilán de Lugo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES