Frases
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 20 de octubre de 2014
Xa estou deixando caer palabras para formar frases. Non descubro nada novo baixo o sol; xeralmente cando se escribe fórmanse frases. O problema está na forma das frases, no significado das mesmas. Ata para a súa extensión se necesita o seu aquel.
Certo que hai veces nas que unha simple frase curtiña di máis ca todo un libro mal escrito. Pola contra, tamén é verdade que algunha frase curta ben puido quedarse na barra do bolígrafo.
Do pouco á nada, ás veces, existe tan só a insignificancia, o silencio, ou sexa, nada. Máis ou menos coma este relato; moita frase, pouco contido.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora