Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel Rodríguez, de novo en Barcelona

viernes, 17 de octubre de 2014
Aínda que o poeta Manuel Rodríguez López nunca se foi de Barcelona, nin da memoria dos galegos que o coñecemos e tratamos, o pasado sábado día 11 volveu nun memorial itinerante que percorreu varias cidades galegas e foi acollido polo Centro Galego de Barcelona, a súa casa natural, vivencial e emocional do poeta que agora acolle unha exposición de fotografías da súa vida, coa súa familia e varias autoridades das letras galegas, así como puntuais documentos que nos fan reencontrar cun autor en verso e prosa, que expresou e matizou destinguidos encontros co agromar esencial de Galiza.

Unha exposición pedagóxica e, aínda iniciática, para un diálogo co poeta que nos sirve de extensas referencias, no humano e no existencial, que se clarifica nese portento fotográfico que nos dá a medida dun peregrinaxe por varias instancias da vida e do bo facer dun poeta que non podemos ignorar. Digo isto porque esta Galiza, metida en tantos transos, acostuma a esquecer persoas publicas e implicadas no ben común, na cultura e na defensa dos galegos, como é o caso de Manolo Rodríguez López.

Na inauguración desta exposición estivemos os que quixemos estar co sentimento en recendo de flor de alborada, outros non cabían. Así o salón de actos do Centro Galego estivo rebordado dun público que o coñeceu e que aínda perdura a saudade desa ausencia que deixan os “bos e xenerosos”; os implicados na causa da galeguidade e na defensa do propio.

Os que participaron nas palestras (presidida por Irene, a súa viúva e coa presenza dos seus fillos Enrique e Santiago) clarificaron varios elementos moi puntuais e necesarios para entender a Manolo Ródriguez López, desde a destacada introdución de Xulio Xiz á figura de Manolo, do presidente do Centro Galego e de Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Non faltaron as evocacións enviadas polo presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e do alcalde de Paradela.

Non podemos entender a emigración galega en Cataluña sen o soporte difusor de Manolo, nesa crónica convertida en libro que nos descubre o potencial galego en diversas profesións, intelectuais e académicos en Cataluña. Ou esoutra participación da vida barcelonesa feita á medida dos galegos.

Manuel Rodríguez López foi un traballador da palabra e da descuberta de temas populares, como as realidades e vivencias da xente de aldea, da súa Paradela natal. A Paradela telúrica e ancestral, por onde o río Loio, en súas viravoltas, describe unha paisaxe humanizada, onde o home non é orfo de súa permanencia como creador de cultura e de país.

Lembramos, con entusiasmo, ao Manolo bulidor e nunca quedo que nos deixou libros sobre o seu andar e ver, ao lado de Ánxel Fole. Outra panorámica humanista sobre o grande escritor lugués, por diversas terras de Galiza que nos veu da escrita do escritor de Paradela. Un libro de itinerancias, onde o traballo de campo, in situ, testemuña esa elocuencia dun autor que continúa presente en Barcelona e en tódalas xeografías galegas.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania