Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Heroes e políticos covardes

jueves, 16 de octubre de 2014
Desde o Preguntoiro: Heroes e políticos covardes


Estarrecedor comprobar como existe tanta maldade neste Goberno que actúa cunha prepotencia suicida, cando trátase de adoptar medidas económicas que lévannos á ruína e rematan cos nosos dereitos, ou de traernos un virus mortal sen contar coas mínimas esixencias de seguridade.

Noxento foi escoitar ao Conselleiro de Sanidade de Madrid, Javier Rodríguez insultando e culpabilizando á auxiliar de enfermería (Teresa Romero) que atópase contaxiada co virus do Ébola. Un impresentable e covarde que non dimite aínda que lle manden a Garda Mora

O máis triste de toda esta desfeita, foi o seguir as pautas algúns medios escritos e visuais do que viña dicindo políticos afíns ao goberno, culpando a esta enfermeira de todos os males, cando xa se sabe que non tiñan protocolo e no Hospital Carlos III fora desmantelada (recortes) a planta sexta, zona na que se tratan destes casos de contaxio, hospital que está sendo recortado para convertelo nun centro de longa e media estancia.

As consecuencias dos recortes custan vidas á sociedade en todos os campos, ¿ía a ser distinto neste sector tan delicado?. Toda esta desfeita (privatizacións) que cometeron en sanidade, as veñen facendo en todos os campos: ensino, dependencia, investigación e un longo etc.

Moitas persoas deste país sorpréndense agora da mala xestión deste problema (ébola) sanitario por parte dun Goberno que está desmantelando a Sanidade. ¿Onde estaban todos os que agora levan as mans a cabeza asustados, cando os sanitarios votábanse á rúa para protestar pola deterioro da Sanidade?. ¿Seguirán no sofá deitados e que os demais o solucionen?.

Este país está cheo de heroes, e non son os políticos covardes, son moitos sanitarios que lles traslado o meu respecto, admiración e gratitude que saen a rúa a defender a sanidade pública e deberíamos saír en masa e non deixalos sós co seu heroísmo.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES