O mellor protocolo
miércoles, 15 de octubre de 2014
¿Que clase de silencio xeralizado oculta o feito de que, si o Presidente e outros non houberan considerado a repatriación de un español coma cousa de senso común e non houberan accedido a ela, hoxe non se sentirían ameazados polo Ébola miles de eles, seus fillos e seus intereses, incluso políticos i económicos -Europa mesma-?.
Manter a expatriación voluntaria dun heroe, atendendoo eso sí debidamente, houbera sido o máis honroso e indiscutiblemente mellor dos protocolos posibles.
Digo isto con certa presa porque vamos mal por todas partes: o Ébola non é a única pandemia que nos van a XESTIONAR.
______________________
A outra noite, en HORA 24 -con ocasión dun programa literario e a instancias do presentador-, un lúcido participante que non podo lembrar recomendou a políticos e periodistas absterse de informar sobre o Ébola todo elo pra evitar o medo que acompaña sempre a ignorancia-. Recomendou en cambio as informacións médicas, sempre máis tonificantes calquera que sexa a verdade. Do resto da xente, coma nos, non dixo nada. Por iso escribo.
Andrade, Fernando
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora