Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De mareas e mareos

miércoles, 15 de octubre de 2014
A aparición do fenómeno PODEMOS nas pasadas eleccións europeas, supuxo un tremor nos cimentos dos partidos tradicionais e coalicións xerando debates internos sobre o papel destes na sociedade.

Aínda sin chegar a ver o percorrido desta forza no tempo, está claro que tal éxito abaneou a visión estática e conservadora na maneira de facer politica ate agora, demasiado pendentes da propia endogamia partidista e demasiado dependentes das estructuras politicas institucionais.

Dito esto, tamén penso que PODEMOS e outros movementos sociais aparecidos nos últimos tempos e sin dubidar de moitas persoas que os conforman e apoian, fraco favor lle están a facer a aquelo que din defender pois a súa labor deu froitos ben evidentes, división e debilitamento das alternativas de esquerda e nacionalistas e polo tanto o afortalamento da dereita nuns tempos nos que debera ser barrido social e electoralmente.

O culto a un asamblearismo que xa se sabe como funciona, o ultrademocratismo, que non democracia, a falta de estructura, a máis que duvidosa coerencia ideolóxica, o nulo compromiso idiomático coas linguas das nacións do estado e unha casi inexistente implantación nos concellos pequenos non ofrecen moitas garantías nin credibilidade.

Mareas que proliferan en moitos casos encabezadas por persoeiros da cultura que ao longo dos anos estiveron desaparecidos en numerosas loitas sociais, tampouco axudan de cara a unhas municipais nas que o Partido Popular está encantado vendo como lle preparan a alfombra axudados polo cambio da lei electoral e Mareas que marean non precisamente á dereita sinón aos que os deben botar fóra.

E os partidos, temerosos diante do que suceda, non saben ben a que xogar nesta marea de mareos. Uns organizan asambleas abertas, outros asumen sumarse ás mareas e plataformas, outros rezan para que non acaden moitos apoios e mentras un pregúntase por qué en lugar de tanta marea non se organiza dunha vez por todas a Marea en clave de País, poñendo por diante a Galiza en todo. Eso si que é o verdadeiramente revolucionario e necesario, todo o demáis é iso, marear...
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES