Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falando de resiliencia en Madrid

miércoles, 15 de octubre de 2014
O pasado día 3 tiven a honra de participar como relator no I Congreso Europeo Madrid 2014 de EFQM, resiliencia e coaching organizado por Iryde e Bureau Veritas. Foi un día de fondas aprendizaxes nas que un se dá conta da necesidade que ten este país de educar para a resiliencia porque educar para a resiliencia é sementar antídotos contra o fracaso e facer persoas capaces de reformular os soños e os obxectivos deixándose moldear pola realidade de cada momento sen ser arrasados pola mesma. Unha cousa é que nos adaptemos aos vaivéns da realidade e outra moi distinta que renunciemos ao noso proxecto vital por non ter superada esa realidade. A resiliencia proponnos resistir con perspectiva cara á materialización dos nosos obxectivos vitais.

Con estas ideas marchei a Madrid coa certeza de que ía aprender sobre resiliencia. A través da óptica de diversos profesionais fun descubrindo que a resiliencia é unha actitude que ben desenvolvida pode influír de xeito decisivo na calidade da empresa ao longo de toda a xestión e, sobre todo, no produto final onde se dirime o éxito ou non da mesma. Non entanto, tamén, veño convencido de que a resiliencia é unha actitude de actitudes; é dicir, que se desenvolve a través de todo un conxunto de comportamentos dos que dependen o produto final. Polo tanto, a resiliencia é educable e susceptible de introducir no sistema educativo como unha actitude que nos marca o camiño da nosa propia autorrealización.

Educar na resiliencia é educar no esforzo e na vontade que nos di que somos quen de facer o que nos propoñamos pero, a resiliencia, tamén, é un camiño para o autocoñecemento, un camiño para buscar o noso xeito de ser e estar na realidade que nos tocou vivir. Por outra parte, esta actitude é un elemento básico para afrontar os cambios vitais protagonizándoos e sendo parte activa na súa construción.

A resiliencia, polo tanto, é un convite fundamental que nos invita a ser nós mesmos, renunciando á óptica do victimismo para construír a óptica da autoaprendizaxe que nos convida a realizar por nós mesmos ou axudados polos que nos rodean o exercicio maiéutico de exteriorizar os nosos mellores ilímites.

Se a resiliencia é interdependencia e, ao mesmo tempo, vontade independente estamos ante a máis clara oportunidade de ser mellores e de construír unha sociedade flexible capaz de sucar a tempestade aprendendo dos seus propios actos, unha sociedade transparente e curada en bálsamos de autoestima nos que se demostra a si mesma todo o que pode chegar a ser.

Ao xerar este espazo Iryde e Bureau Veritas abren unha nova fiestra á experiencia dende a que construír e compartir saber, camiñando cara un modelo de xestión autoesixente no que cada persoa asuma o reto de superarse a si mesma. Isto define unha oportunidade constante de crecemento e un camiño infindo cara ao interminable tesouro do autocoñecemento.

O chamamento pola calidade asegúranos a posibilidade de medrar constantemente bebendo en interdependencia de todas as fontes de coñecemento presentes. Unha oportunidade única para asumir o reto conxunto de ser mellores.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES