Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Exposición Itinerante de Manuel Rodríguez en Barcelona

martes, 14 de octubre de 2014
Exposicin Itinerante de Manuel Rodrguez en Barcelona O POETA OBREIRO-EMIGRANTE, MANUEL RODRIGUEZ LÓPEZ de volta a Barcelona, a que foi a sua casa cultural o CENTRO GALEGO.

Este pasado sábado 11 de Outubro ás 7 da tarde, celebrouse o acto de homenaxe-inauguración o que foi o poeta e cronista da comunidade galega en Catalunya, durante os anos 70 e 80. Un acto emotivo por tratarse de un personaxe tan popular para todos os galegos e especialmente o socios do Centro Galego, no que foi socio e directivo, colaborando en todolas veces que foi preciso facer crónica de actos e festas de calqueira centro que empezaron a fundarse nos anos en que él facía de corresponsal da prensa galega.

O acto consiste en suliñar a vida e obra de noso querido poeta, e preténdese con elo, reclamar e facer posible que algún ano sexa nomeado como persoeiro merecedor das Letras Galegas.

Nesta tarefa están implicados e son alma mater do proxecto, os directivos de GALICIA DIXITAL, Sr. Xulio Xiz (Fundador) e o seu fillo, Sr. Antonio Xiz (Presidente), e contan co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Lugo, Concello de Paradela, e Real Academia Galega, así como de moitos persoeiros da cultura en Galicia.

O acto en Barcelona, foi un gran éxito en canto a organización e asitencia de público, no que o salón de actos estaba totalmente cheo.

Despois dos agradecementos o público e as autoridades de persoanaxes vidos alguns dende Galicia por parte do presidente Sr. Manoel Carrete, comenzou e fixo de presentador, o Sr. Xulio Xiz, quen explicou o fin da expo-itinerante e os méritos literários do poeta homenaxeado e para todos familiar por haber traballodo e vivido a maior parte da sua via entre o nos. UN GALEGO, EMIGRANTE, POETA OBREIRO.

A continuación, o cantautor galego, Alfredo González Vilela, amigo personal do poeta e compañeiro de traballo un tempo, interpretou unha cantiga composta por él ca letra do pema A EMIGRANTE de Manuel Rodríguez, que foi dedicada a sua vidua IRENE , presente no acto. Un poema cheo de sentimento e defensa do feminismo galego e a loa da muller galega na emigración.

De seguido, o Sr.Antonio Xiz, presentou a datos do proxecto itinerante e dos medios publicados por internet en páxina propia para a sua divulgación e que todos poden consultar en= http://manuelrodriguezlopez.org/ donde poden ver o relato da sua vida, videos, obras, música, etc. así como ler a sua obra completa.

Os fillos de Rodríguez, Enrique e Santi, asistiron tamén o acto, e neste caso, tomou a palabra en nome da familia Santi, para agradecer a asitencia tan numerosa de tantos amigos como o seu pai tiña no Centro Galego e noutros que tamén asistiron.

Tamén dixo unha fermosas palabras, o amigo personal e poeta galego, XOSE LOIS GARCIA, que destacou a boa vontade que tiña o seu amigo o servicio a comunidade por facer chegar as noticias desta emigración a prensa da nosa terra.

Como peche final do acto, tomou a palabra o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, Sr. VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ, quen destacou a importancia que tubo para a nosa lingua a obra de Manuel Rodríguez, e invotounos a ler e disfrutar dos seus poemas e contos que teñen as raices no mais profundo a nosa terra.

Antes de dar fin o acto e pasar a tomar un aperitivo galego, de novo o cantautor Alfredo González Vilela, interpretou unha CANTIGA DE CEGO, poema de Manuel Rodríguez, e musicado por o cantautor; que narra a historia de LUGO, como cidade fortificada aló por o ano 460 da nosa era, e que xa se avistaba o nacemento dunha nación unida e consolidada.

Honraron este acto ca sua presencia, por parte de la Generalitat, o Sr.F.XAVIER CORTÉS MORROS, Responsable de Relacons Cases Regionals, o Sr.. XOSÉ CARLOS GARCIA GONZÁLEZ, presidente de XUNTANZA GALEGA ,o Sr. DOMINGO BALBOA AMOR, como presidente da FEDERACION DE ENTIDADES GALEGAS EN CATALUNYA, Sr. MANUEL RODRÍGUEZ JULIAN directivo dO Centro Galego de Cornellá ROSALIA DE CASTRO, presidentes e directivos de moitas outras entidades , amigos e familiares do autor, os que agradecemos a sua asistencia e o entusiasmo con que foi acollido este evento.

MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ,
EMIGRANTE EN BARCELONA
POETA
OBREIRO

UN DE NOS...
A FAMILIA GALEGA EN CATALUNYA.
González Vilela, Alfredo
González Vilela, Alfredo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES