Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maiorías

viernes, 27 de enero de 2006
A maioría simple supón a metade máis un. E supón a regla máis importante, quizáis a única, da democracia, das empresas, e en xeral da sociedade. Quen posúe a metade máis un dos votos, das participacións, decide e controla. Quen non chega a ese procentaxe, ven ser un convidado de pedra.

Hai outro tipo de maiorías, chamadas cualificadas, que se esixen para determinadas situacións ou temas, para evitar que o puro dominio da maioría poida adoptar decisións ou cambios irreversibles. Así, para casos especiais, esíxense maiorías de dous tercios ou tres cuartos, co que ou se dan situacións de maioría arrasadora ou se impón o diálogo para conseguir chegar a unha solución de conxunto.

Un Plan xeral de urbanismo dunha cidade debera estar sustentado por unha maioría cualificada, porque marca os destinos de algo tan importante como o urbanismo, o xeito de vivir, e directa ou indirectamente a economía de moitos dos seus veciños. Parece que debera esixir unha maioría cualificada para estar respaldado por algo máis que a metade máis un.

O Concello de Lugo ven de aprobar o novo Plan Xeral de Oerdenación Urbana cos trece votos do Psoe, e a abstención de PP e BNG. 13 a 12, porque a abstención, aínda non sendo voto negativo, quere dicir que non hai acordo en relación cun dos temas máis importante que a corporación pode afrontar.

Queda moito tempo e trámite por diante como para non chegar a unha solución de consenso, que parece obrigada. E durante a exposición pública, alegacións e estudios, as tres forzas farán moi ben en dialogar e tomar postura a prol dun Plan que ten que ser de todos porque é para tódolos habitantes da cidade.

Nos nosos políticos notamos pouca predisposición ó diálogo se non precisan dos apoios das demáis forzas, cando debera ser todo o contrario. Porque as maiorías absolutas, con ser lexítimas, non están reñidas cos diálogos e pactos para lograr a unanimidade.

Apliquen o "sentidiño" os que nos gobernan, precisamente na patria do sentidiño que é a común de todos nós. E o "sentidiño", que pode ser a versión galega do denominado sentido común, témolo todos polo feito de nacer ou habitar neste país. E mentras o sentido común se considerou que era "o menos común de tódolos sentidos", o "sentidiño" é inherente ó noso ser e sentir. Tamén nos políticos. ¡Pois aplíqueno!
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania