Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fariseos

lunes, 13 de octubre de 2014
Estes días deume por cavilar nun problema grave, enquistado na nosa sociedade, que nos afecta a todos e que mentras non lle poñamos remedio nunca chegaremos a nada serio como sociedade, como país.

Resulta que o Tribunal superior de Xustiza de Galicia vai investigar se Paula Prado, unha das primeiras figuras do PP galego enchufou a persoas afíns na súa época de Concelleira; que a policía descubre correos electrónicos nos que alcaldes e outros cargos públicos piden traballo para xente coñecida en empresas que teñen relación coas administracións, e que as investigacións xudiciais que se están a facer descubren conexións diversas para facilitar postos de traballos a amigos políticos ou familiares. E todos nos alporizamos.

Despois de case medio século de traballo na administración central, autonómica e local, e tendo coñecido a centos e centos de persoas de varias xeneracións, sei que andando polo mundo público un pode facer a pregunta que se facía en tempos a escala popular –e ti, de quen ves sendo?- para relacionar a unha persoa coa súa familia máis directa, cos seus correlixionarios, coa xente do poder.

Nesta terra, cando unha forza política entra a gobernar, coloca os seus. Cando entra outra, moi posiblemente non se preocupa polos que hai, senón que coloca aos que lle son afíns. E as administracións ou empresas énchense de xente, sen dúbida totalmente válida, elexida a conciencia de que valen para a función por ser coñecida de alguén importante.

Ou sexa, que se agora alguén se asombra de que asomen flecos políticos ou familiares en contratacións públicas ou semipúblicas será porque ata agora ninguén se preocupou do funcionamento dun sistema que, na súa versión máis moderna, leva corenta anos funcionando, e non ten trazas de desaparecer.

Nesto sempre fomos un pouco fariseos –sinónimo de falsos- por aceptar un sistema corrupto facéndonos agora de novas cando alguén empeza a investigalo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES