Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feísmo

jueves, 26 de enero de 2006
Viaxando polas comunidades autónomas que máis se asemellan a Galicia nas súas características físicas, chama a atención o cuidado da paisaxe, a harmonía das construccións co contorno, a utilización de materiales axeitados e o remate de todo tipo de estructuras de xeito que nada desentona á vista.

Asturias e Cantabria son modélicas neste tema. Hórreos, palleiras, establos, chalets... todo garda unha harmonía colectiva que pode ser producto da sensibilidade de asturianos e cántabros, pero seguro que algo teñen que ver no tema os respectivos gobernos autonómicos e municipais.

Galicia é a excepción se esta conxunción é a regla. Non hai máis que ir pola zona rural de calquera dos nosos concellos para atopar construccións non rematadas, fachadas de ladrillo sen recebar ou de cemento sen calear, palleiras descomunais ou longuísimas naves, chalets estilo suizo e toda unha abigarrada anarquía que evidencia as carencias económicas ou o escaso gusto dos promotores, e a falta de control por parte dos concellos e da administración autonómica.

Hai tres anos, a Xunta de Galicia concedeu un prazo de tres anos para que as construccións do rural se amoldasen á normativa, pero o prazo transcurrido non proporcionou demasiadas satisfaccións á estética, polo que unha nova decisión vai producirse, agora utilizando o argumento económico, subvencionando parcialmente as obras precisas, segundo o poder adquisitivo do interesado, para combatir ese especial feismo urbanístico do campo galego onde a anarquía reina desde hai décadas.

A intención é loable, e a necesidade manifesta. Só falla que a Xunta se manteña firme, que os concellos colaboren e os afectados se mentalicen.

É complicado, pero imprescindible para que o noso País siga a ser un exemplo diante do mundo pola súa paisaxe, polo seu verdor, pola súa harmonía.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania