Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enerxías

miércoles, 25 de enero de 2006
Os galegos habitamos no "País dos mil ríos".

Quizais foi Cunqueiro o autor desta afortunada definición para unha terra na que a auga é elemento sustancial non só para a vida senón tamén para a paisaxe, para os sentidos, para as emocións...

Por eso cando se deu en explotar a forza potencial das augas dos nosos ríos máis caudalosos, se construíron represas para a producción de enerxía eléctrica que fixeron de Galicia unha potencia entre as comunidades hispanas, exportadora desde sempre aínda que en ocasións quedasen núcleos galegos sen dispor de subministro eléctrico.

Belesar e Os Peares son as máis coñecidas, pero hai moitísimas instalacións máis que coutan dos nosos caudais fluviais, regulan o paso das augas e producen enerxía eléctrica, ata agora a nosa máis importante fonte enerxética. Ata agora.

Porque a enerxía hidráulica acaba de ser rebasada pola enerxía eólica, producida polos centos de modernos muíños de vento que coroan os cumes dos nosos montes, e lles proporcionan un aire de modernidade que para moitos é excesivo.

Un factor a ter en conta é a seca que nos afecta de forma importante, aínda que menor que no resto do Estado, o que fará que a producción de enerxía eléctrica en base á forza da auga sexa menor da deseable. Pero o certo é que esta nova forma de enerxía limpa como é a eólica, con relativamente pequenos custes de producción, está de moda, medra de xeito continuado e ten producido miles de millóns de euros en plusvalías que -eso é o malo- non se quedaron en Galicia senón que foron para empresas de fóra.

Non parece que o tema da auga vaia mellorar de forma substancial, polo que sen dúbida a enerxía eólica deberá experimentar aínda maior crecemento. E, ademáis dela, a enerxía fotovoltaica e calquera outra non contaminante que aproveite as forzas da natureza.

Porque as necesidades enerxéticas fan que volvan ser escoitados os que abogan por centrais nucleares, centrais térmicas e instalacións semellantes para previr carencias futuras.

Por eso é boa nova o áuxe da enerxía eólica, limpa e barata. Con escasas contraindicacións. E a seguir investigando e innovando, para conseguir enerxías renovables, baratas e autóctonas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania