Ébola 'Protocolo' da Sra.Mato
Cardalda, Theo - jueves, 09 de octubre de 2014
Desde o Preguntoiro: Ébola,'Protocolo' da Sra. Mato
Segundo denuncian traballadores da sanidade, o contaxio polo ébola da enfermeira revela que o protocolo de seguridade era chapuceiro, soamente cun cursillo exprés de 15 minutos arraxaron o problema.
Lendo os xornais de Europa, dan gañas de coller as maletas e fuxir deste país botando labras. Cando onte souben esta nova, estaba abraiado, pero ao escoitar na roda de prensa a estes personaxes coa competente ministra Mato ao fronte, asustoume e aterrorizoume. ¿Como pode chamar á calma unha señora que xera inseguridade pola súa determinación de cargarse a sanidade pública e a súa incapacidade para o cargo?.
Un personaxe como esta ministra que segue desmantelando a sanidade pública para darlla aos amiguetes da privada, non ten credibilidade ningunha, Esta é outra mostra da incompetencia desta tropa do demoque nos goberna. ¿Vai ti a saber se o protocolo fíxollo a Virxe do Rocío?.
Gobérnannos inútiles patolóxicos, profesionais da mediocridade, do enchufismo, vendedores do sistema. Esta podremia que nos rodea, nesta tela de araña, inmensamente grande, atopámonos atrapados todos os cidadáns e dentro de pouco imos ter que facer como os trapecistas a saltar sen rede. Gobérnannos cobizosos e dogmáticos que lévannos como un rabaño de ovellas hipnotizadas ao matadoiro.
De nada lles valeu co Prestige, con o Yak 42 e o 11 M. Non aprenderon nada. Segue primando a comunicación dos medios afíns, sobre a capacidade e a responsabilidade, crendo que a boa xente do común, trágase todo o que lle boten. Coido que seguen os principios da propaganda de Joseph Goebbels, que avalan a máxima de que as masas son estúpidas.
Entre tanta pandemia da podremia nestes tres últimos anos, que sae un día si e outro tamén (a última o das tarxetas blak), xa tiña que estar en corentena todo o goberno.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora