Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tripartito

martes, 24 de enero de 2006
En Galicia goberna un bipartito, en tempos considerado unha imposibilidade manifesta dada a diferencia inicial de posturas e plantexamentos das dúas forzas políticas. Pero a necesidade de facer un frente común contra a forza maioritaria fai miragres, e aínda que haxa discrepancias internas a fronte pública é impecable.

Noutras esferas ou ámbitos o goberno non ten esa fórmula específica senón que se basa en apoios xerais ou puntuais para sacar adiante tódolos temas que conveñan ó "bo goberno" da comunidade.

E para temas como o novo Estatuto de Catalunya, suponse que no seu tramo final ou xa na súa culminación, eses apoios puntuais son tan valiosos que mesmo procedendo de forzas normalmente non colaborantes son decisivos para o encarrilamento dun diálogo no que todos teñen postas as súas complacencias e perspectivas.

Non é este Estatuto o primeiro, porque antes houbo o proxecto vasco que foi rexeitado e o de Valencia, aceptado unanimemente, pero sí a pedra de toque que vai valer para calibrar, condicionar, determinar o resto dos que se vaian renovar neste especial momento da nosa vida colectiva.

Entre os que se aprestan a poñerse en marcha, está o noso, o novo Estatuto de Galicia, que se nos atemos á tradición ten que ir de inmediato xa que pertencemos a unha das chamadas "nacionalidades históricas" e merecemos igual trato político e discriminador/diferenciador que o que a Catalunya se lle aplique. O País Basco é outra cousa, polas especiais características que concurren naquela comunidade foral.

Pois para o noso, fai falla un tripartito.

Non chega o bipartito gobernante; non chega para aprobalo, nin para redactalo porque, aínda que así puidera ser, Galicia necesita de consenso para levar adiante a renovación do noso texto "constitucional".

O B.N.G. xa aportou a primeira pedra para o diálogo en relación co novo texto que, despois de algún impacto inicial quedou relegado ó capítulo de temas pendentes.

Pero en Galicia hai que contar co PP, a forza maioritaria, que se ten manifestado disposto a participar para que o Estatuto que salla adiante non haxa que retocalo na primeira ocasión en que "cambien as tornas" políticas.

En Galicia non queremos nin podemos chegar á situación nacional na que o primeiro partido da oposición se opón por sistema a toda acción de goberno, e na que o goberno arremete con saña contra calquera postura dos conservadores.

Aquí, non para gobernar pero sí para establecer bases de futuro, queremos un tripartito e coidamos poder telo. E que P.P., Psoe e B.N.G. se xunten, dialoguen e conclúan acordos válidos para chegar a un novo marco legal que valla para todos e para moito tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES