Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eu tamén fun coas vacas...

miércoles, 08 de octubre de 2014
Lembrando o libro de Alfonso Eiré -PUCHEIRO-, ex director do xornal A Nosa Terra, digo que esa xeneración, dos que aínda fomos coas vacas de pequenos, vemos como o idioma e a memoria dos nosos pais e avós vai desaparecendo entre os nosos fillos e irá a peor entre os netos.

O idioma, o orgullo do noso pasado, o descoñecemento da nosa historia e mesmo o desinterese tamén polo propio abrazando a cultura-basura dos medios de comunicación levan ao país á desaparición.

O que queda é resistencia. Só un ataque suicida de recuperación do propio, mesmo épico, pode devolver a ilusión e mesmo recuperar a unha mocidade que nin é do país nin quere agás heroicas minorías conscientes e intelixentes.

Gobernos ausentes do problema, partidos preocupados polas cuotas de poder interno e institucional, empresas con visión limitada, e material do negocio e sin proxección, e unha sociedade consumidora de OPIO programado polo sistema só deixan a saída da radicalidade para salvarnos. A radicalidade do país para a saída de todo, tamén no económico ou o cartel de liquidación.

Eu son e serei sempre radicalmente galego, e iso non debera ofender a ninguén, ou si?
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES