Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O hospital asilo de Vilalba (2)

jueves, 09 de octubre de 2014
Ano 1909. Os inicios


«El Eco de Villalba» de 1 de febreiro insire un breve:
Monumento al Conde de Pallares. En atención a los relevantes méritos y señalados servicios prestados a esta provincia y particularmente a este partido [judicial] por el Excmo. Sr. Conde de Pallares, se trata de erigir en esta villa un monumento que perpetúe su memoria y con tal objeto se ha construido una Comisión ejecutiva que forman los señores D. Andrés Basanta, D. Ignacio Cacharrón, D. Eulogio Goás, D. Domingo García Gesto, D. Víctor Andrade y D. José Orosa.

«Casino Villalbés». En breve vai ser inaugurado. Para tal fin prepárase unha velada que promete resultar moi brillante.

† Manuel Mato Vizoso. O 15 de febreiro destácase en portada, con gran titular, a triste nova do falecemento de Manuel Mato Vizoso, persoa culta e polifacética, que pasaría ós nosos días como historiador. O seu enterro congregou a gran parte da veciñanza.
Presidiron os funerais o párroco, o alcalde, os xuíces de Instrución e Municipal e recollían as cintas os señores Daniel Goás, Domingo García, José Canto e Agustín López.
Manuel Mato Vizoso deixou como legado unha extensa obra poética e dramática, e mesmo musical. Xunto co seu irmán Santiago é autor dun apropósito lírico, «Juan Soldado ó el repatriado de Cuba» datado en agosto de 1899. A súa figura aínda agarda ser rescatada dentro da literatura galega finisecular.

Falta de luz. «Hidroeléctrica del Tronceda» non subministra enerxía de abondo para a demanda existente. No alumeado público realizou o cambio das lámpadas de 16 buxías por outras de 10 e ata de 5. O abuso orixinou as pertinentes protestas dos vilalbeses.

O hospital asilo de Vilalba (2)Ferrocarril. En 1909 o asunto parece esquecido e só hai noticias de que o ministro de Fomento pode estar favorablemente inclinado á prolongación da vía mineira de Vilaodriz.

Abusos nas feiras. Dise que os tratantes de gando fixeron unha sociedade para poñerse de acordo en baixar os prezos que pagan ós labradores polos becerros. Mentres, eles enriquécense exportando carne. Faise un chamamento: Labradores, a defenderse!

Antonio García Hermida. No «El Eco» aparecen as primeiras colaboracións literarias deste mozo de 24 anos que andando o tempo sería a figura indiscutible do xornalismo en Vilalba.

Antonio Noriega Varela. Será un autor con presenza constante nas páxinas de «El Eco». Algún poema publicado neste xornal é descoñecido na recompilación das súas obras completas.

O «Casino Villalbés» abriu as súas portas 7 de marzo de 1909. A festa de inauguración resultou un éxito.

A nova capela de Guadalupe. Continúan as recadacións para o seu remate. Afróntase as obras de construción da espadana.

Sindicatos católicos. En Lourenzá e Riotorto constitúense as primeiras sociedades de labradores para facer unha fronte de socorros mutuos. Á súa cabeza, os párrocos. Son os denominados sindicatos agrarios católicos que tanto fixeron polos avances técnicos, polas melloras nos cultivos e pola solidariedade labrega no rural de Galicia.

Retablo da Purísima. O reputado artista Sr. Saavedra está procedendo a pintar o retablo do altar maior na igrexa parroquial.

Aumento alarmante da emigración. Con ela pérdese o traballo da xente nova que prosperaría na nosa terra de darse condicións.

Paseo. A partir de maio o paseo dos domingos que se fai pola rúa do «Progreso» estará amenizado pola banda municipal. As actuacións son moi celebradas pola concorrencia.

Proyectos laudables. «El Eco de Villalba» de 3 de xuño.
La Comisión encargada de erigir en esta villa un monumento que perpetuase la memoria del ilustre hijo de este pueblo Sr. Conde Pallares (e.g.e.) que consistiría en levantarle una estatua, parece que ha trocado su primitivo proyecto por otro que, de llevarse a cabo, sería de beneficiosos resultados. Trátase de edificar un hospital que, con arreglo a los adelantos modernos, se hará por pabellones independientes, dedicando, cada uno de ellos, a una de las diversas ramas de la ciencia médica. Excusamos decir que el proyecto nos parece de perlas y que no debe repararse en medios para que tan importantísima mejora tenga plena confirmación. Con verdadero entusiasmo aplaudimos la idea y no hemos de regatear nuestros plácemes a los que, teniendo en cuenta las legítimas aspiraciones de esta villa, se decidan por darle cumplida satisfacción.
Es otro de los proyectos el construir una cárcel modelo, cuyas gestiones se llevan por muy buen camino. Ha poco publicó la «Gaceta» una Real Orden creando la junta que ha de entender en este asunto, cuyos individuos se hallan asimismo animados de los mejores propósitos. Para la realización de esta obra, cuyo presupuesto oscila entre setenta y setenta y cinco mil pesetas, contribuirán, con cierta cantidad, además del ayuntamiento de la villa, los de su partido, esperándose que el Ministerio de Gracia y Justicia otorgue una regular subvención.
Con toda el alma anhelamos que estos dos importantísimos proyectos lleguen a vías de realización y, por esta vez, tenemos muy fundadas esperanzas de que no se quede todo en aguas de borrajas.

Velada musical. «El Eco de Villalba» de 3 de xuño de 1909.
Según nos han informado resultó brillante la celebrada el día 20 en la sociedad «Casino de Villalba». En ella tomó parte un sexteto formado por los señores don Santiago Mato Vizoso, don Adolfo Martínez Caamaño, don Santiago, don Justo y don Víctor Mato Grandío y don Antonio García Hermida.

El sexteto compuesto de piano, violonchelo, tres violines y flauta ejecutó un selecto programa, por el orden siguiente:
1. L’Italiana in Algeri. Rossini.
2. El anillo de hierro. Marqués.
3. Guillermo Tell. Rossini.
4. A orillas del mar. Dunklin.
5. Os cantares de Villalba. Santiago Mato.
Todos los números fueron muy aplaudidos por la distinguida concurrencia que llenaba el local, teniendo que repetirse «El anillo de hierro» y «Os cantares de Villalba».
El edificio de la sociedad lució durante el día colgaduras. A la directiva enviamos nuestra felicitación por el éxito de la velada.

Muíños eléctricos. Vanse instalar nun solar próximo ás escolas e con fronte ó campo da feira.

Coche salón. «El Eco de Villalba»: 17 de xuño de 1909.
Llegó a esta villa procedente del Ferrol un coche salón que viene a ser como una sucursal ambulante de la casa fotográfica «La Luminor» establecida en la ciudad departamental. En la parte posterior del coche se exhiben las fotografías ¡A retratarse pues!

A popularización da fotografía nestes anos supuxo que os retratos servisen de recordo tanto para os que quedaban coma para os que marchaban. En moitos casos as representacións de escenas familiares tamén eran un medio de transmisión de noticias: vodas, nacementos, enterros... Testemuñas fidedignas do devenir dunha época na que a taxa de analfabetismo eran moi elevada, próxima ó 66%, é dicir, dous de cada tres persoas non sabían ler e escribir.
O hospital asilo de Vilalba (2)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES