Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do diálogo/amor ... á unión/comuñón

lunes, 23 de enero de 2006
Estamos na Semana de Oración pola unidade das igrexas cristiás. Tempo propicio para rezar e reflexionar sobre a gran contradición dos que confesamos sermos seguidores de Xesús Cristo (católicos, protestantes e ortodoxos) e que temos, como Lei/Mandamento, o amor e a unidade. (Unidade non é unicidade, nin pensamento único, tan de moda)

A oración (para ser auténtica) ten de ir arroupada pola dor da división, pola carraxe de querer perdoármonos uns aos outros (¡todos fomos/somos culpables!), polas causas (non sempre relixiosas) que a provocaron e mantiveron e, sobre todo, por empezar a dar pasos na familia, na parroquia, na aldea, no barrio...coa nosa acollida, coa comprensión, co respecto, co diálogo... e deixando de lado prexuízos históricos. Moi boa ocasión para vivir/compartir vida/traballo/ocio con todos os/as irmáns/ás doutras crenzas/relixións.

Hai a sensación xeneralizada de que a sociedade camiña desnortada ao estar orfa e oca dos grandes valores da verdade, da xustiza, da unidade, do amor. Estamos nas mans de traficantes da palabra, das persoas, da vida. Precisamos un cambio radical. De mente e de corazón, como base para “outra nova orde” mundial. Como se sabe, a “vella anterior” (orixe USA), a que viña a traer a paz e a xustiza ao mundo, foi un tremendo fracaso. Apelouse a ela para xustificar guerras (Afganistán, Iraq) e outras barbaridades.

Había que ter aprendido. Fainos falla outra nova “orde social/humano/relixiosa”. Con base no diálogo/amor non na forza/poder. Somos quen de acadala. A chamada que se nos fai hoxe á unidade, a situación do mundo e a Palabra de Deus deste domingo, están a marcarnos os camiños posibles, seguros e verdadeiros. A sociedade non pode seguir atolada, durmida. Precisa cambios radicais de mentalidade, actitudes firmes de mudar, toneladas de comprensión e diálogo no medio da riqueza duna fermosa diversidade de relixións/culturas. ¡Non crear unidade e fraternidade é romper a persoa e a convivencia!

“Cúmprese o prazo; está cerca o Reino de Deus: convertédevos e crede no Evanxeo”, dinos Xesús, cando se fixo o encontradizo cos discípulos e lles recordou que tiñan de ser profetas/testemuñas do seu Reino e pregoeiros da Boa Nova de Deus que veu a liberar o pecado do mundo. Deus ama a todos e a todos. Os pobres son os preferidos (O 50% dos pobres do mundo son nenos -600 millóns- e outros 100 malviven nas rúas).

Deus ama sen límites. Non veu a castigarnos se non a salvarnos. Non en plan xusticeiro se non a doarnos a xustiza. Para que isto sexa real é necesaria a transformación persoal da mente e do corazón. (En cristián, dicimos conversión). Cómpre loitar todos xuntos para fomentar a unidade entre nós mesmos, entre os pobos e dese xeito, frear a mentira e a inxustiza, causa das violencias, guerras...fames! Por aí ten de chegar a unidade.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES