Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Froilán, esencia de reencontros

miércoles, 08 de octubre de 2014
Un ano máis chega o San Froilán anunciando inverno e anunciando tamén que as labores máis custosas do campo chegan ao seu fin. Nesta época Lugo vólvese terra de reencontros onde camiñar pola rúa Aguirre ou a Praza do Campo é un seguro de atopar un rostro que che vai sorrir na exclamación mutua de: canto tempo!

Iso é a esencia do San Froilán e do noso Lugo, do Lugo que herdamos e, quizais, do Lugo que legaremos. Unha cidade con esencias de aldea onde a xente conta entre sorrisos domingos de cociña de leña. Este Lugo nutrido do rural que medra loitando por manter o natural fronte ao artificial que asoma pola fiestra dunha globalización imposta.

San Froilán é o encontro de Lugo coa súa verdadeira esencia. Espello que nos identifica máis alá de diferenzas e lembranza dun devir colectivo sempre presente nas dúas palabras que erguéndose polo orgullo din: son de Lugo.

Quizais ser de Lugo é construír unha cidade con esencias rurais na que atoparse alén dos anos para fundirse nunha aperta e dicir: canto tempo!
Por iso nunca nos pode faltar o San Froilán.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES