Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cohabitación

domingo, 23 de enero de 2005
Non é o mesmo cohabitar que convivir, alomenos políticamente.

Convivir, por extrapolación do ámbito persoal, debe ser na política o feito de cogobernar, levar adiante un programa por parte de dirixentes da mesma ideoloxía. Cohabitar, a obrigada acción común de dous líderes de diferentes ideoloxías.

Desde agora mesmo, en Portugal reina a cohabitación.

Ten pasado en Francia e en outros países. E non ocorreu nada grave.

Agora, en Portugal, despois da sorpresa electoral, o goberno ten ideoloxía socialista mentras o Xefe do Estado, o Presidente da República, Anibal Cavaco Silva, é de ideoloxía conservadora. Imponse o diálogo, a responsabilidade política, a vida pacífica en común por estar condenados a entenderse porque os portugueses o quixeron así.

Portugal leva trinta e un anos de democracia despois de que un golpe incruento arredara do goberno do país aquela longa -e ó final lánguida- dictadura.

A este lado da Raia que marca o Miño, levamos un ano menos, pero temos aínda moito que adeprender dos veciños do Sur.

Imaxinemos que esto fose unha República. Que gobernase o Partido Socialista tendo por cabeza visible a Zapatero. E que unhas eleccións situasen na presidencia da República a Mariano Rajoy. Para cohabitar. ¿Serían capaces?.

Posiblemente sí, e diante da política ficción hai que concedérlle-lo beneficio da dúbida, estimando que ámbolos dous saberían estar á altura das circunstancias.

España non é unha República. O Xefe do Estado non se elixe periodicamente. A Xefatura do Estado é unha figura, máis que un poder, representativo, imparcial, institucional, moderador. E ben nos foi deste xeito nestes trinta anos transcorridos.

Se nos situamos en Galicia de costas ó resto da península e ollamos cara ó mar, imponse unha vista á esquerda, para non perder detalle do que, desde agora, pase en Portugal, por se podemos tomar exemplo.

Especialmente os que se dediquen á política, que o resto xa aprendemos a cohabitar hai moito tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES