Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estamos aquí para aprender

jueves, 02 de octubre de 2014
Desde que chegamos a esta vida estamos chamados a aprender tódolos dias:

-Apreder a controlar esfínteres.
-Aprender a vestirnos.
-Apreder a calzarnos.
-Aprender as normas básicas de educación.
-Aprender a relacionarnos coas outras persoas.
-Aprender uns coñecementos académicos.
-Aprender a s normas de circulación.
-Aprender a convivir.
-Aprender a aprender.
-Aprender a saber estar.

Para aprender é preciso poñerse en disposición de facelo e aplicarse boas doses de esforzo e dedicación.
Tódalas aprendizaxes son necesarias e importantísimas.

Todas supoñen grandes doses de esforzo, e todo o esforzo é necesario porque o ser humano precisa mellorar cada día.
Boa parte das cousas necesarias para defenderse na vida, apréndense na casa, outras nos talleres, outras nas universidades, outras na vida mesma.
Todas son importantísimas porque todo canto se aprenda para mellorar, redunda en beneficio propio en primeiro lugar e no da sociedade en segundo.

Todo canto aprendemos, prodúcemos gandes beneficios, pero quizais, quizais... o que máis nos conveña aprender é a SABER ESTAR.

“SABER ESTAR”

Dúas palabras, dous verbos, dúas accións que din moito e moi ben dunha persoa cando se usan adecuadamente.

SABER ESTAR É DE SUMA IMPORTANCIA.

-Na infancia, unha criaturita que sabe comportarse coa familia, coa escola e coa sociedade…
Eso non hai cartos no mundo que o pague. Porque esa actitude ante a vida é de primordial importancia.
Por eso debemos felicitar de todo corazón ás familias que o consiguen, porque hoxe en día non é tarefa nada doada.

Pero… A veces oímos noticias que nos botan a temblar.

Entonces debemos concluír que nos falta moito por aprender.

-Un adolescente, unha adolescente que saben conservarse á marxe de según que tendencias perniciosas, xa son unha grarantía de persoas equilibradas.
Pero aínda hai quen se empeña en saltar as normas e reciben unha choiva de partes de mal comportamento nos institutos.

Esto é moi grave tanto para as familias das que proceden como para os centros educativos como para a sociedade e, sobre todo, para a persoa que non sabe estar.
Este tipo de adolescentes fan saltar a alarma de que algo estamos facendo mal na primeira etapa da vida.

¿Haberá que aprender a ser pais e nais?

-Na xuventude, saber estar xa alcanza maiores cotas.
Pero aínda aquí se dan conductas de inadaptación ós roles que toca desempeñar na vida familiar, na laboral e tamén na social.
Por non saber estar, a vida emocional recibe golpes fortes.

Son moitas as familias que sofren, moitos os corazóns destrozados por un amor non correspondido, moita dor, moito sufrimento, moita ruptura familiar...

¿Non nos faltará moito por aprender..?

-Na idade adulta o feito de saber estar debería estar consolidado, porque a persoa adulta é todo un referente ante os máis novos. Sobre a idade adulta recae o peso dun país.
Pero a veces: ¡Óese cada cousa..!

¿A vostede que lle parece?

¿Non teremos que aprender a estar?

-Cos novos.
-Cos proxenitores.
-Cos xefes.
-Cos subordinados
-Cos do noso igual.
-Cos veciños.
-Con todos.

-E na vida senil xa toca poñer o broche de ouro a tódalas etapas anteriores.
¿Que broche podemos poñer se aínda temos asignaturas pendientes nas etapas anteriores?
¿Estaremos aínda a tempo de aprender?

Claro que si.
Nunca é tarde para aprender.
É de sábios saber rectificar.

O que non puidemos aprender no pasado, podémolo aprender no presente.
Agora mesmo é o mellor momento da nosa vida para poñernos a aprender.
Agora é o momento oportuno, porque mentres estamos neste mundo, estamos para aprender:
-Aprender dos nosos erros.
-Aprender de quen sabe máis que nós.
-Aprender da nai natureza.
-Aprender todos de todos.

Mentres que conservámo-lo interese por aprender significa que estamos cheos de vida e cremos nun futuro mellor, porque aprendendo melloramos todos.
Neso consiste a evolución humana.
Evolucionar é moi humano.
Aprendendo construímos futuro.

CONSTRUÍR FUTURO será o título do seguinte artigo.

Graciñas pola súa capacidade para aprender e grazas tamén por ler esta reflexión que para min é unha auténtica necesidade e pensei que tamén lle podía interesar a vostede.
GRAZAS.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES