Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cada un fala da feira...

miércoles, 01 de octubre de 2014
Un vello refrán asegura que “cada quen fala da feira como lle foi nela”, con seguridade de acertar. E o que antes se dicía das feiras, nun mundo no que estes acontecementos comerciais e sociais eran a máxima expresión de actividade, é síntoma perfecto da marcha dun país, obtida dunha xeneralidade de persoas.

Tamén agora cada quen fala da feira –da crise e da situación actual- segundo nela lle vai, que hai sectores que están superando atrancos e comprobando que se está activando minimamente o consumo e parécenos ter salido do peor. Pero hai outros moitos, sectores ou empresarios, que non vislumbran ningunha melloría e comproban que despois dun ano malo ven outro peor, que a economía non se recupera, e desde o 2008 non rexistran outra novidade que unha sucesiva contracción da actividade e do negocio.

Da gusto escoitar ás autoridades nacionais, encabezadas polo Presidente Rajoy, ás que se lles enche a boca proclamando que temos saído do peor e que se este ano vai ser bo, o que ven vai ser moito mellor, porque agora só é cousa de tempo que todos notemos a melloría no noso contorno.

Fronte a iso, non deixan de pechar locales comerciais que se hoxe anuncian “liquidación total”, a renglón seguido tapan escaparates e colocan un letreiro indicando que se vende ou alquila. Teño noticias de coñecidos e amigos que restrinxiron a actividade ata o mínimo, buscaron locales máis pequenos e máis baratos, e estan coa auga ao pescozo agardando por un só sinal de que hai melloría para poder respirar. Ningún destes confía en que as palabras dos políticos máis altos teñan nada que ver coa realidade de cada día, que a cousa mellora para os que melloran, que pode estar barato o diñeiro pero moi poucos teñen –temos- intención de endebedarnos nun momento coma este.

Seguro que os lectores teñen calibrado o sentir xeral en relación con este momento económico. E o que non o teña feito, pode facelo agora mesmo... pregunten e verán. Verán que moi mal ten que estar o panorama para que prácticamente ninguén fale ben da feira.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES