Un Esperpento na Xunqueira
Cardalda, Theo - miércoles, 01 de octubre de 2014
Desde o Preguntoiro: Un Esperpento na Xunqueira
Non sei que chamarlle ao feito estes días no Concello de Vilagarcía de Arousa, se esperpento ou paranoia, aínda que os dous cualificativos válenme. O Alcalde Sr. Fole mandou talar unha morea de árbores no Parque da Xunqueira con aleivosía e case nocturnidade. Coido que Sr. Alcalde ten metido nos miolos que a cidade é o seu coto privado, o digo pola sinxela razón que non tivo a ética democrática de consultar co pobo e con toda a oposición, alegando que tiña os informes dos técnicos para actuar desa maneira. Ao día de hoxe aínda non presentou ningún informe que avale a súa esperpéntica actuación.
Poida ser que algunhas árbores puideran estar enfermos para talar e logo repoñer, pero chegar á desfeita do que se fixo, é de tolos. Foi un acto ditatorial, unha arroutada que recórdame a tempos de Paca la Culona (sic).
Lembro cando o seu xefe que reside en La Moncloa, dixo en 2008 que cando el gobernara ía plantar 500 millóns de árbores. Pero como moitos sabemos que todo o seu programa era mentira e seguen facendo todo o contrario do que dixo, o noso Sr. Alcalde tamén segue o mesmo camiño do cinismo e mentiras, en vez de plantar as árbores os tala. Son semellantes aos pensamentos daquel tolo e xenocida de triste nome chamado Bush, cando dixo:...para rematar cos incendios tiñamos que talar as árbores.
A realidade ao final, cando se tira do fío, sempre descúbrese que detrás de calquera ataque á natureza hai intereses bastardos, aínda que teñan que cargarse parques, bosques, ríos ou especies enteiras.
Pode ser que o Sr. Alcalde seguira o que dicía Rajoy, aquilo de: raíces profundas de la recuperación". O Sr Fole ao ver tantos brotes verdes, tirouse á Xunqueira, e liouse como un poseso a talar.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora