O celme da nosa vida
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 29 de septiembre de 2014
Non se poden escribir palabras de auga. Axiña dilúen, fuxen, desaparecen.
As palabras teñen que ter a consistencia do cemento, os seus parágrafos asimilar bloques. Aínda que, iso si, ese cemento e eses bloques hai que amasalos con cariño, con nostalxia.
Cando a frase leve explícita unha certa dureza, hai que meterlle entón un puntal. E se todo o artigo, todo o relato precisa dun cabreo continuo, dunha dor que doe, entón xa é preciso unha columna cun forte encofrado. Pero, ao rematar, a obra ten que estar curada de espanto, é dicir, coas súas tiles e as súas parénteses limpas e claras.
As palabras de auga non constrúen unha morada. Esta hai que facela con claridade e certa consistencia. A morada, a casa será o celme da nosa vida.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora