Para A Quenlla
Irmandade Moncho Valcarce - viernes, 26 de septiembre de 2014
Como Irmandade Moncho Valcarce non tivemos ocasión de poder felicitar públicamente A Quenlla no seu homenaxe celebrado o 21 de setembro en Meira. Se así fose diríamos que para nós foi unha honra e un pracer poder gozar durante anos da poesía musicalizada e cantada por eles e elas nas lembranzas que lle fixemos na continuidade de catro lustros ao benquerido crego.
Por certo que na invitación que lles facíamos apesares de tratarse dunhas persoas de tendencia nacionalista, sorpresivamente sempre dicíannos que si, madialeva.
Efectivamente, A Quenlla sempre di que sí cando as causas son xustas, aínda que sexan causas perdidas.
Grazas e noraboa a A Quenlla por esta merecida homenaxe no preludio do outono, cando a paixase galega comeza a adornarse coas cores máis fermosas da súa gama estacional, polo que desexámoslles mil outonos máis nos que sigan, coa forza das súas voces sempre poéticas, arando sucos de emocións e esperanzas apesares da choiva.
Irmandade Moncho Valcarce
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora