Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Médicos

viernes, 20 de enero de 2006
Estase a procudir un dos maiores cambios na atención médica galega dos últimos anos. Casi un millón de galegos cambian de médico de atención primaria, ese médico cercano ó que acudimos sempre para solución dos nosos problemas sanitarios ou como paso intermedio para que un especialista nos atenda.

O Sergas levaba dezaseis anos -que xa é levar- sen efectuar convocatorias para asignar definitivamente prazas de médicos, co que a situación de provisionalidade tiñase transformado en permanente desde hai moito tempo.

Se algún sector hai dos que influén na nosa vida que mudou e mellorou nos anos de que temos memoria foi o sanitario.

A gran revolución produciuse en Galicia cando se incorporou á Seguridade Social o sector agrario, co que de repente chegaron ás institucións sanitarias centos de miles de novos afiliados, con problemas derivados dunha climatoloxía complicada, dunha idade avanzada, e de esixencia duns novos dereitos polos que levaban suspirando moito tempo.

Pero a Seguridade Social como sistema, como conxunto de profesionais sanitarios, experimentou tamén neste útimo cuarto de século, unha revolución cualitativa, humanizándose, renovándose, mellorando, de xeito que na actualidade -listas de espera á parte- temos ó noso dispor unha institución modélica en medios e en trato.

O destes días é un cambio drástico, xa que perto dun milleiro de médicos de atención primaria cambian de destino e, polo tanto, de pacientes. Para quen leva anos cun/cunha mesmo/mesma médico/médica é un problema, pero agardemos que todos poñamos algo da nosa parte para que este cambio se faga sen traumas.

A estabilidade laboral de cinco mil persoas (que parece ser a cifra de afectados polos cambios de destino) ten que influir moi favorablemente no sistema de atención primaria, que é a base do sistema no que estamos afortunadamente inmersos.

Que o cambio sexa para ben é o que todo o mundo desexa. Será unha boa oportundiade para comprobar que non só o noso médico é o mellor de tódolos posibles, senón que incluso hai outros tan bos coma el, que son capaces de saber o que nos pasa con só mirarnos ós ollos. ¡Amén!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania