Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións

jueves, 19 de enero de 2006
Vivimos en elección perpetua.

Os que coñecimos o Franquismo, onde só había que votar nun referendum cada certo número de anos, ou nas eleccións polo tercio familiar, e que daban un certificado para poder logo presentar como xustificante de ter empregado ben o tempo xa que as votacións podían coincidir con día hábil, valoramos moito o feito de votar.

Agora, nin é habil o día, nin tés que presentar xustificante.

Temos catro eleccións cada catro anos: municipais, autonómicas, españolas e europeas. E gracias a que dúas delas van xuntas, temos un ano de descanso que debe ser o presente. Aproveitemos o período de paz.

Porque agora as eleccións teñen tal período previo de preparación, mentalización, organización, que as fases se confunden, e ás veces non sabemos en cal nos atopamos.

Celebradas recentemente as da Xunta, un ano antes as xerais e europeas, e un ano antes as municipais, sabemos que agora hacia mediados de 2007 veñen as municipais para as que todos están afiando as súas armas máis temibles.

Xa se fala de candidatos a presentar, de estratexias, de anceios dos partidos por conseguir o poder en determinadas institucións -as Deputacións son as máis apetecidas- co que un ano antes de que se convoquen estase traballando nelas con tódalas forzas.

Vendo esto, ¿Pódese pensar que estas eleccións poden estar influídas por un só acontecemento?. ¿Pode alguén incidir no resultado dun xeito que se poida calificar de alevoso, lesivo, dañino para o resultado?.

As eleccións son a única arma colectiva dunha sociedade democrática. E os resultados deben respectarse sempre. E os comentarios a posteriori só deben ser para acepta-los resultados.

As eleccións pasadas, pasadas están, e non cabe outra postura que a aceptación incondicional.

Traballen para as próximas os que a algo aspiren. Que teñen abondo que facer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES