Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mini e Mero

miércoles, 24 de septiembre de 2014
MINI E MERO (En Irimia 21-09-2014).


Grazas Mini e Mero, por transportarnos ao mundo da felicidade coas vosas cancións, cos acordes da poesía enfeitizada en notas, co poder das vosas voces que rompen o silencio e bradan nas carballeiras da nosa nación para que vos sigan os novos e os que non somos tanto.

Engaiolados estamos escoitando as palabras que rompen o noso corazón e aletean no sentimento coma gotas que limpan o sangue das feridas tan fondas que levamos dende hai tanto e tanto, que xa nin o vento se acorda do noso sufrir, mais vosoutros estades aí para espertarnos, para refolgar e tras dos arquexos moribundos sumirnos na posibilidade de volver ao noso ser, de crernos, de sentir que aínda somos quen para espertar os novos soños.
Vosoutros sentides a verdade da nosa terra, profetas que irrompedes na luz e sacades alboradas e relampos de lingua e de cultura.

Xenerosos oferentes das catedrais populares da música, e dende os altares das actuacións e os outeiros da esperanza xunguides as nosas ánimas na teima da terra, debullando sementes que en forma de cancións agroman nos corazóns espectantes das nosas agras sucando futuros e recollendo palleiros de amizade e horizontes de porvires.

Grazas Quenlla de auga ruxidoira, tamén vosoutros sodes Irimia, tamén vosoutros sodes río polo que esvara a cultura e a sabedoría do noso pobo, canle aberta á nosa afirmación nacional “petita” e non “manifesta” e ao concerto que os deuses do auténtico difunden ao vento da patria.
Grazas sempre, compañeiros de aula.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES