Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais e ofrendas relixiosas (VII)

jueves, 25 de septiembre de 2014
E. Breve resumo dos rituais e ofrendas existentes nos tres santuarios analizados: As Virtudes, O San Bernabé e o Santo Anxo.






F. Consideracións finais. Claves de interpretación referentes aos tres Santuarios de O Corgo.

A narración lendaria e mítica sobre a aparición de A Virxe no lugar de As Virtudes (Pedradita) implica, desde a perspectiva tradicional, a adscrición dun vínculo orixinario entre o culto mariano e a paisaxe onde se establece. Neste caso este tipo de relatos son o froito de manifestacións entre unha comunidade e a súa imaxe de devoción, como un punto de encontro entre o humano e o sagrado. Deste xeito -segundo a opinión de Honorio Velasco- un símbolo universal se converte en particular, mediante unha crenza local.

Respecto ás imaxes de devoción, que están presentes nestes recintos sagrados, compre dicirmos que dende unha óptica oficialista operan como mediadoras perante Deus e condensan toda a virtude e o poder sobrenatural; mais desde unha visión, ligada coa piedade popular, as diferentes entidades sagradas (diferentes advocacións de Cristo, da Virxe e, tamén, os diferentes santos) posuen poderes e influencias propias. Polo tanto, con elas establécese unha importante comunicación por medio da palabra e de certas actitudes somáticas encamiñadas a acadar o seu amparo e benevolencia. Mais este favor sacro hai que relacionalo ao grao de protección ás estructuras do intercambio económico igualitario nun xeito de “dou para me deas”. Polo tanto, os devotos realizan rituais e deixan unha serie de ofrendas para satisfacer á súa parte no acordo.

Por outra banda, a dimensión sacra transmítese ao exterior xa dunha maneira directa por medio da procesión, xa a través de elementos naturais, como a auga das fontes. En ambos os dous casos, procúrase o efecto salutífero. A única diferenta é que mentres o primeiro é común a todos os santuarios analizados; o segundo, en cambio, só e visible na comunidade de Pedradita, onde algunhas doenzas relacionadas coa pel e os ollos tentan curarse nun manantial por medio de ritos ben arraigados. Nesta comunidade existe a crenza de que a medida que os panos vaian podrecendo ao carón da fonte, as doenzas das persoas irán erradicándose. Trátase, pois, dun ritual baseado na analoxía, xa que a descomposición dos panos configura un símbolo de destrucción. Cumpriríase, así, a observación feita xa a finais do século XIX por Frazer de que “con frecuencia os ritos consisten nunha imitación dos efectos que a xente desexa producir”. Así mesmo, o contacto coa auga implica sempre unha rexeneración, non só porque a disolución vai seguida dun novo nacemento, senón tamén porque a inmersión fertiliza e multiplica o potencial de vida.

Finalmente, as celebracións relixiosas nos referidos santuarios compleméntanse -agás o do Santo Anxo (Anseán)- cunha dimensión laixa ou profana na que os fieis en xeral gozan dun tempo de lecer, mercan productos de diferente índole, entre os que hai que salientar as rosquillas, e atenden nas casas de seu aos invitados cun bo xantar. Logo, á noite, é o tempo para bailar unas pezas. Polo tanto, estas romaxes reflicten cara ao exterior unha serie de elementos básicos, como os ritos relixiosos, a comensalía, as relacións de amizade e de parella, a solidariedade comunal e a alegría como factor predominante.

VII. BIBLIOGRAFÍA
ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo. La religión del pueblo. Defensa de sus valores. Madrid: B.A.C, 1976, páxs. 91-92.
ARREGUI, Gurutze e MANTEROLA, Ander.: “Religiosidad popular”, en Aguirre, Ángel (dir.). Diccionario temático de Antropología. Barcelona: Boixaneu, 1993, páx.532.
BLANCO PRADO, J.M: Religiosidad popular en el municipio de Begonte, Lugo: Deputación provincial, 1991, páx.70.
BLANCO PRADO, José Manuel e RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel. “La devoción popular en el Santuario de la Ermida (Quiroga)”, en Lucus, Boletín Informativo da Deputación de Lugo, nº 42, 1994, páxs. 35-37.
BLANCO PRADO, José Manuel. Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Lugo: Deputación Provincial de Lugo, 1996, páx. 134.
BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carmen: “ I. Introducción: As romarías e o seu significado” ( Os santuarios do concello de A Pastoriza (Lugo), en Rev. Croa. Asociación Amigos do Castro de Viladonga. Castro de Rei .Lugo. Referencia de: Carme Pernas Bermúdez, páx.71.
CANCIO FERNÁNDEZ, José: Delineante, autor do mapa.
CASTÓN BOYER, Pedro.: “La religiosidad tradicional en Andalucía. Una aproximación sociológica”, en CASTÓN BOYER y otros, La religión en Andalucía. Aproximación a la religiosidad popular. Sevilla: Edt. Andaluzes Unidos, 1985, p. 101.
CHRISTIAN JR, William A.: Religiosidad local en la España de Felipe II, Madrid: Nerea, 1991, pax. 11.
CHRISTIAN, JR, William A.: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español. Madrid: Tecnos, 1978, páx. 126
ESCALERA REYES, Javier.- "La religiosidad popular. III. HERMANDADES, ROMERIAS Y SANTUARIOS. HERMANDADES, RELIGION POPULAR Y PODER EN ANDALUCIA. C. ALVAREZ SANTALO, MARIA XESUS BUXO y S.RODRIGUEZ BECERRA (COORDS.). Anthropos. Barcelona. 1989, páx. 459.
FERNÁNDEZ DE ROTA, J.A: Antropología de un viejo paisaje gallego. Centro de Investigaciones Sociológicas. Madrid: Ed. S. XXI, 1984, pax. 259.
GALLEGO, Andrés.: “ Práctica religiosa y mentalidad popular en la España Contemporánea”, en Hispania Sacra, 46, 1994, páx. 331.
GONDAR PORTASANY, Marcial. “Racionalidad campesina y Relativismo cultural”, Antropología y Racionalidad, Santiago, 1980, páx..60.
GONZALEZ REBOREDO, Xosé M. Guía das Festas Populares de Galicia. Vigo: Ed. Galaxia, 1997, páx. 132.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo: Invitación a la Antropología cultural de España. Madrid: Akal, 1980, páx. 93.
LISON TOLOSANA, Carmelo: “Rito, funciones y significado”, Música oral del Sur:
Música hispana y ritual, nº 9, Junta de Andalucía, 2012, páxs.22-28.
LOPEZ FERREIRO, Antonio.- "Los Fueros Municipales de Santiago y su tierra". T.I. Santiago. 1985, pg.359.
LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: “Paganismo e cristianismo na relixiosidade popular”, en Rev. Encrucillada, nº 9. Ed. Sept, Vigo, 1978, p.45.
MALDONADO, Luís: “Los Santuarios en la religiosidad popular”, en Santuarios del P. Vasco y Religiosidad popular. II Semana de Estudios de Hª Eclesiástica del P.Vasco, Vitoria, 1982, páx. 70.
MALDONADO, Luís.: “Dimensiones y tipos de la religiosidad popular”, en Concilium (Rev. Internacional de Teología), 206, 1986, páxs.9-18.
MALDONADO, Luis.- "PARA COMPRENDER EL CATOLICISMO POPULAR". COFRADIAS Y HERMANDADES. Ed. Verbo Divino. Estella (Navarra). 1990, páx.87.
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón. Las Romerías/Peregrinaciones y sus símbolos, Vigo: Ed. Xerais de Galicia, 1987, páx. 272.
MIGUÉLEZ DÍAZ, Xosé Antón: “ Relixiosidade popular galega. Aproximación e chamadas”, en Estudios Mindonienses. Anuario de Estudios Histórico-Teolóxicos de la Diócesis de Mondoñedo-El Ferrol. T.2, páx.248.
MOREIRAS SANTISO, Xosé. “A relixiosidade popular no sector rural”, Rev. Encrucillada, nº 9, Vigo, 1978, páx. 64.
PRAT I CAROS, Joan: “Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía”, en La Religiosidad popular, III. Hermandades, Romerías, Santuarios. Anthropos, Barcelona, 1989, páx. 227.
 PITT RIVERS, Julián.- "L'identité locale vue à travers la fiesta". Coloquio Hispano-Francés. Culturas Populares. Diferencia, Divergencias, Conflictos. Universidad Complutense. Madrid. 1986, pg.13.
VALIÑA SAMPEDRO, Elías: Inventario Artístico de Lugo y su provincia. Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, t.I, Madrid, 1975, páxs. 82-83.
VALIÑA SAMPEDRO, Elías: Catálogo de los Archivos Parroquiales de la Diócesis de Lugo, Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1991, páxs. 35-36.
VOVELLE, Michel.: “La religión popular”,en Ideologías y mentalidades. Barcelona: Ariel, 1985, pp.125-131.
XIZ, Xulio: O Corgo, amplo horizonte. O Corgo: Ed. Concello de O Corgo, páx. 99.
NOTA A TER EN CONTA: O Santuario da Virxe das Virtudes, situado na parroquia de Pedrafita, xa foi tratado con anterioridade neste foro de opinión.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania