Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (27)

miércoles, 24 de septiembre de 2014
Unha muller na ventá, Casa Cartamil


Como se quedan as casas! Nos anos da guerra civil, había, nesa casa, dez persoas. Uns pais con oito fillos. Uns traballaban no tren, outros de xardineiros, etc...

As mulleres, unha na casa coa comida, outra no campo, outra cun médico. Como o barrio era humilde, cando esta última viña comer a mediodía, atopaba a casa chea de nenos para poñerlles a vacina, pinchalos por calquera enfermidade, poñer pendentes... Todo sen cobrar nada.

Eu son unha daquelas nais que levaban os seus nenos xunto a aquela veciña que facía de enferneira. Era unha familia que axudaba a todos os veciños. Recordo que a que traballaba en Facenda pagábame a contribución. Pois, antes, había que gardar cola e, logo, se cerraban a porta, perdías a mañá.

Na casa da que estou falando tiñan un fillo na Mariña de guerra. Cando estalou a guerra civil, colleuno no outro bando. En que bando, se todos eran irmáns? Fuxiu a Francia. Os pais dérono por morto. E, á noite, cando rezaban o rosario, a nai sempre choraba por aquel fillo.
Logo, este fillo apareceu e veu morrer a Galicia, pois aquí tamén lle quedara muller e un neno, o cal axudaron a criar os tíos e avós.

A casa que sempre estaba chea de xente foise quedando baleira por mor da enfermidade. Todos marchando, pouco a pouco. Quedaron para o final as tres irmás, unha delas con Alzheimer durante trece anos. A última en irse foi Marina. Pasaba todo tempo ao pé da ventá. Alí estiveron
sobriños, cuñados, familiares e amigos. Pero, cando morreu Marina, a casa quedou soa.

Esta carta é un recordo á Casa de Cartamil. Un recordo de gratitude á xente que viviu nela.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES