Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Celestino Fernández de la Vega

martes, 23 de septiembre de 2014
Lembranza de Celestino Fernández de la Vega


Tal día coma hoxe, fai exactamente cen anos, naceu en Friol Celestino Fernández de la Vega (1914-1986), quen había ser, andando o tempo, unha das voces senlleiras do pensamento e o ensaísmo galego de Posguerra.

En homenaxe a quen foi o descubridor dos arcanos de O segredo do humor, hoxe recupero aquí un texto seu descoñecido, que pasou desapercibido todos estes anos mesmo para os grandes estudosos da súa figura, pois non aparece referenciado nas completas bibliografías que sobre del fixeron Carlos Fernández, Siro López ou, máis recentemente, Ramón López Vázquez.

Trátase dun pequeno artigo resumo dun seu traballo maior, o ensaio de carácter histórico El enigma de Santa Eulalia de Bóveda (1970), do que neste texto que reproduzo se fai unha acaída síntese.

O artigo, titulado “Un curioso en Santa Eulalia de Bóveda”, aparece integrado no volume colectivo Galicia Ano 70, unha publicación da vella librería-imprenta Celta de Lugo no que tamén colaboraron outras voces maiores da escena literaria lucense en particular e galega en xeral, como Ánxel Fole, Uxío Novoneyra, Ramón Piñeiro, Ramón Otero Pedrayo ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros.

Valla, pois, esta recuperación como anticipo da memoranza que sobre o (semi)esquecido Cilistro ando a facer e que dará novos froitos na primeira do ‘Faro da Cultura’ deste xoves 25, onde aparecerá un longo artigo que complementa este recordatorio no sinalado día do seu centenario.
Celestino Fernández de la Vega
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES