A Quenlla: o noso pan
							Santalla, Iago - miércoles, 24 de septiembre de 2014
							  Meus queridos amigos:
Van alá 30 anos dende que decidistes asumir a lenta, custosa e infinda tarefa de espertar conciencias; de recuperar o valor da palabra entre cordas liberadoras de música e ensinarnos a nós, á vosa xente, ao voso pobo, toda a beleza que fomos capaces de crear co único tesouro dunha lingua propia (espiña dorsal, matria na que berra, se namora e acouga a nosa identidade).
O voso foi andar camiños, recoller cultura erguendo a voz sempre e sempre poboando de tenrura a febleza que tecnócratas e salva patrias desterran ao silencio. Contra ese silencio sodes o noso pan, o noso impulso aos poetas, fariña de primeira que nas vosas mans de voces colectivas tece un futuro de pobo ergueito na esperanza solidaria da irmandade.
PARABÉNS E LONGA VIDA AOS QUE NUNCA CALASTES. AOS QUE XAMAIS CALAREDES.
Iago Santalla, Vilaxuste setembro 2014
(Texto de Iago Santalla, lido por David Otero no decurdo da homenaxe ao Grupo A Quenlla polos seus primeiros trinta anos).
							
							
							Santalla, Iago
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora