Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con pólvora do Rei

lunes, 22 de septiembre de 2014
Hai un dito tradicional que fala de “disparar coa pólvora do Rei”, que os nosos devanceiros consolidaron para referirse a aqueles que gastan dos fondos do común, aos administradores que arriscan diñeiros que son dos seus administrados, ou a calquera que utiliza fondos públicos para intereses non tan públicos.

Os partidos políticos hai tempo que andan disparando con pólvora allea –con pólvora nosa- nunha guerra interminable, estando reservado para nós unicamente o papel de espectadores.

O PP pretende cambiar as normas electorais porque coida que ten un electorado “cautivo” que lle garante determinados resultados. O PSOE, que antes quería cambiar, agora xa non quere porque moitos cautivos dos deles redimíronse. O Bng pouco pode facer aínda que si hai concellos nos que é a lista máis votada, e ten aspiracións de goberno. E o resto – se unha flauta soou por casualidade-, agardan que calquera golpe de sorte faga que soe a flauta dun revolcón electoral.

Olvidan os partidos políticos que –de acordo con outro vello refrán- están “vendendo a pel do oso antes de cazalo”, porque aínda que os partidos falen de gobernación, de poder, de control político, de porcentaxes de votación, de que goberne un ou o outro, sexa a lista máis votada, sexa a conxunción de listas inicialmente perdedoras, polo de agora falan de oídas, venden fume, e fan xogos de palabras con futuribles que non saben se van a resultar así.

Porque o que esquecen os partidos é que están falando de nós, están falando por nós. E nós, todos nós, calados coma petos, porque non temos con quen falar de xeito que nos entenda, porque non temos voz ao non estar metidos en ningún aparato de partido, pensando que imos seguir mudos –non xordos- e falar só cando nos chamen a votar. E teñen razón... Non imos poder falar ata o mes de maio, pero daquela si que o imos facer. E ao mellor, a nosa voz, a voz de todos, soa de xeito diferente ao que todos poden calcular. Aínda teñen tempo de pensalo. E rectificar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES