Troitas que corren
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 22 de septiembre de 2014
Non hai peixe malo nin peixe bo. Só hai unha troita que corre polo río abaixo e quen a puidera coller. Que ninguén se atreva a goldrar o río Arnoia, pois corre o risco de que as sambesugas lle chuchen o sangue das veas. Non merece a pena perder gotas de sangue por unha simple troita que corre en vez de nadar. No río Arnoia xa non é novidade. Alí, ao seu paso por Baños de Molgas, as troitas correron sempre. Alí só nadan os sapoconchos sen cuncha e os xastres sen roupa. Ao mellor a culpa é da auga da burga. Eu que sei!
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora