Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Semana de Cine en Lugo

sábado, 20 de septiembre de 2014
Vimos de celebrar a edición XXXVI da Semana de Cine de Lugo, acontecemento do mes de setembro, iniciado en 1979, que se ten convertido no preludio das festas patronais do San Froilán.

Nun tempo no que o cine parece esmorecer, que os modernos medios de comunicación teñen absorbido o tempo e a atención de boa parte da poboación, coa crecente comodidade que nos invade ao dispor a domicilio de infinitos recursos audiovisuais, parece un milagro que siga habendo centos e centos de lucenses, que por repetidos se convirten en milleiros, que sallan dos seus domicilios a horas intempestivas, para mergullarse nun ambente de oscuridade no que o milagro da luz e o son fan aparecer na pantalla historias e vida.

Se o panorama cinematográfico da capital lucense houbese que calibralo pola existencia de cines tradicionais como aqueles entrañables Gran Teatro, España, Central Cinema, Kursal, Paz ou Victoria, poderíase concluir que o cine tiña deixado de existir, xa que as novas salas son un fenómeno diferente, unido á existencia de grandes centros comerciais nos que o cine é só un complemento.

E sen embargo, cada setembro, o cine florece en Lugo, e aparecen salas de cine como xurdidas da nada, e hai un cine no Auditorio municipal, pero tamén o hai no Museo interactivo da historia lucense, na Deputación Provincial, no Museo, no Vicerrectorado e na Biblioteca Nodal... e en cada unha destas salas concéntranse xentes diversas con ánsias de cine, podendo elixir entre varias opcións e horas, podendo disfrutar dunha pasada polo cine de autor.

E puidera pensarse que este cine da Semana fose cousa de nostálxicos, de xente maior... e resulta que son mayoritariamente mozos os que acoden ás salas. Mozos que posiblemente fosen alimentados cinematográficamente nas sesións infantís de hai vinte ou trinta anos, que agora levan os seus nenos á infantil e eles disfrutan de calquera outro aspecto da programación.

Lugo posúe o máis vello festival de cine que existe en Galicia con 35 anos de antigüidade. Algún mérito pode ter a organización, pero o maior mérito está na devoción polo cine, no entusiasmo cinematográfico dos cinéfilos lucenses.

(Xulio Xiz é Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá)
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania