En cada edición da Semana de Cine de Lugo, homenaxeamos a persoas irrepetibles, galegos das artes da escena, artistas senlleiros coma o deste

ano que naceu para a interpretación para nunca máis morrer.
Manuel Lourenzo é do Valadouro, nos nortes lucenses; é de Lugo, de Galicia e do mundo enteiro. É do teatro e do cine, e da radio, da televisión, da poesía, da narrativa. E outra vez do teatro. Sempre do teatro. Seguro que para el, como para todos nós, o cine é teatro (nun especial soporte), como o é a televisión, que conseguíu facelo aínda máis universal; de todos nós.
Aos lucenses galegos énchesenos a boca falando da nosa xente máis sobranceira. Pois para Manuel Lourenzo case non temos palabras porque con dicir o seu nome dito todo está. E para iso Manuel Curiel lle dedicou tempo, traballo e agarimo para facerlle esta homenaxe en libro que todos os lucenses suscribimos, e rubricamos todos os que somos devotos da súa (afortunada) historia interminable en tódalas artes que coa escea teñen relación.
(Xulio Xiz é Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá).