Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pisos

martes, 17 de enero de 2006
Desde o seu descubrimento polo gran público galego a comezos dos sesenta, o mercado da propiedade horizontal non fixo máis que medrar ata o infinito.

Antes, a pretensión de calquera cuns mínimos posibles, no rural e nas vilas, era buscar un pequeno terreo no que edificar unha casiña e poder obter productos que contribuísen a completa-la dieta familiar.

E entón, moi tímidamente ó principio, comezaron a xurdir pequenos promotores que deron en fabricar pisos para a venda, en moi reducida escala, con promocións de menos dunha ducia de vivendas, como ensaio xeral da explosión que logo viría.

Desde entón, o mercado medrou o indecible, con precios que se foron disparando a medida que o nivel de vida subía, sen a máis mínima relación entre os dous índices, de xeito que cada vez foi máis dificil acceder á propiedade dunha vivenda mínima, entendendo por tal ó comezo as de cen metros cadrados, que logo foron de 90, 80, 60... E xa se fala de corenta metros cadrados.

Aínda con aqueles intereses de usura de hai trinta anos, foi posible mercar pisos, e se os intereses eran altos os custes eran digamos que razoables polo que o resultado era asumible especialmente para as parellas nos que traballaban os dous.

Os intereses das hipotecas baixaron dun 13% a un 3%, aproximadamente, e os importes por este concepto deixaron de ter importancia. Pero foron substituídos polos desmesurados costes da cosntrucción, que obrigan a que as hipotecas -antes, de quince anos, como máximo- pasasen a ser de vinte, trinta ou trinta e cinco anos.

Ningún goberno é quen de tomar medidas drásticas para que o solo urbano edificable nas cidades se entenda como algo non exclusivamente privado senón algo que interesa ó ben común, e do que teñen que sair plusvalías sociais ademáis das que lexitimamente correspondan ós seus propietarios.

Ó non ousar fórmulas máis drásticas, os gobernos reducen superficies e polo tanto custes.

A Xunta de Galicia vai impulsar pisos de corenta metros cadrados -para unha parella sen fillos, non máis- cun custe aproximado de sesenta mil euros, como ideal para menores de 35 e maiores de 65 anos nunha situación temporal previa ou posterior a maiores necesidades de espacio.

Antes, cando se mercaba un piso, o ollo do comprador -que, como quere o refrán, engordaba a súa propiedade- convertíao en pisazo. Agora, a realidade encárgase de acreditar que ó máis que podemos chegar no mercado de vivendas é a mercar un pisiño. De corenta metros cadrados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania