Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia é doce

jueves, 18 de septiembre de 2014
Tódalas terras teñen a súa propia dozura. Para cadaquén a dozura da súa terra é a mellor. Eu gozo e disfruto do dozura de varias terras, pero hoxe tócalle a Galicia porque fai poucos días ó entrar na miña amada Galicia sentín a súa dozura nas fibras máis íntimas do meu ser.

Teño cruzado España de norte a sur e de este a oeste en infinidade de ocasións e teño que confesar que a dozura que se respira ó entrar en Galícia, non se respira em ningunha outra parte.
Ou polo menos eso é o que eu experimento.
As súas montañas desgastadas pola erosión e pola experiencia do paso do tempo danlle unha figura dóce, mansa, frondosa, chea de vida.

Unha que xa vai entrada en anos, lembra cando era nena que na escola lle explicaban aquelo de montañas xoves e montañas antigas. Cando tiven ocasión de visitar os diferentes tipos de orografia española comprendín perfectamente a explicación da mestra.
Tamén comprendín a riqueza caída do ceo en forma de choiva que dá lugar a unha vexetación exhuberante onde a haxa.
Un verdor cinguido preñado de diferentes tonalidades que van desde pradeiras de película ata os altos cumes, pasando por todo tipo de fragas, soutos e carballeiras ata os profundos vales onde toda unha extensa gama zoolóxica se acobilla, vive, corre, ama, multiplícase e alimenta todo tipo de depredadores e tamén dá vida e alimento ó xénero humano.
Todo un mundo de vivencias e experiencias rebole arredor de cantos habitamos ou visitamos a terra galega.

O pai Miño vai percorrendo tres das catro provincias galegas, pero a Coruña non se queda atrás. Multitude de ríos, regatos, fontes e fervenzas fornecen do líquido alimento a toda a terra galega para que esta non sinta sede e medren con liberdade todo tipo de vexetación tanto a silvestre como a cultivada pola laboriosa man da raza galega.

É esta unha terra que mana leite e mel, carne e peixe, legumes e hortalizas, pan e viño, aceite e variados froitos que fan a delicias do padal de propios e extraños.

¿Por que será?
A min paréceme que é porque Galicia e dóce e as súas xentes tamén.

¿E que dicir da nosa fala?
¡É tan dóce, tan melodiosa, tan musical, tan suave..!
A min moito me gusta e cónstame que a moitas outras persoas, tamén.

¿E que decir dos son das súas campás?
Repican ó longo e ó ancho da terra galega e únense nunha soa voz para para reunir a todos en torno ó Apóstolo que actúa como un imán que trae á terra galega todos tipo de persoas de todo o mundo.

É digno de admiración como ringleiras de peregrinos veñen á nosa terra ó longo de todo o ano. Todo un espectáculo que une a persoas de diferentes países, de diferentes culturas, de diferentes linguas, de diferentes crenzas, de diferentes intereses, de diferentes modos de pensar... no núcleo cultural e relixioso da terra galega ubicado en Compostela.

Tan digno de admiración é que as Nacións Unidas para a Cultura e a Educación, concluiron en declarar Patrimonio da Humanidade ese Camiño dos Camiños que leva a Santiago de Compostela desde calquera punto xeográfico do mundo mundial.

¿Por que será?

Será, será... ¿Será porque Galicia é dóce?

Eu cheguei a esa conclusión.

¿A vostede que lle parece?

Se polas súas veas corre sangue celta, víveo en carne propia e se non, está a tempo de comprobalo.

Pero tamén son moi dóces outras moitas cousas como por exemplo os veciños que se comprenden, que colaboran e que conviven en paz e harmonía.

Por esta razón o título do seguite artigo será:
“CONVIVENCIA VECIÑAL EN HARMONÍA”, baseada nunha experiencia que puiden ver cos meus propios ollos.
Seguramente que vostede tamén é unha persoa dóce como a terra galega e tamén practica boa veciñanza entre os seus.
Gaciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES