Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As pinturas de Sta. María de Labrada

martes, 16 de septiembre de 2014
Salvar as pinturas da Igrexa de Santa María de Labrada


Parece que nas terras de Guitiriz a arte pictórica anda polo chan do esquecemento e baixo as alfombras dos gabinetes burocráticos da Xunta de Galicia. As artes mais sensíbeis e inmemoriais as persegue a desfeita. Canto mais próximos a esa destrución de obras de arte, de interesantes definicións e expresión, as administracións enrócanse nese baluarte de miopes, desasistindo a emotivas obras pictóricas que deixaron verdadeiros mestres nas nosas igrexas, non poucas manifestacións desa creatividade pormenorizan a mensaxe evanxélica e puntos claves doutras elocuencias de persoeiros que forman parte da historia da Igrexa. Isto testemúñase nos frescos da igrexa de Santa María de Labrada.
As pinturas de Sta. María de Labrada
O 2 de setembro chegoume un email de Luís Angel Rodríguez Patiño -coido que é o párroco-, esclarecendo o que acontece coa degradación desas pinturas sen que Patrimonio non rexistre nin estude este caso. Os técnicos e executivos da Xunta teñen o deber de verificar estas pinturas e dar unha resolución sobre as mesmas. Pero tamén o bispado de Mondoñedo, que é o verdadeiro propietario da igrexa de Labrada, o seu bispo, vicario xeral ou quen proceda no tema ten que ter a sensibilidade de analizar un proceso determinado e elevalo ás autoridades da Xunta de Galicia, e se monseñor Sánchez Monge, quen rexe a diocese, non o fai está incorrendo nun desatino e descoido moi grave, ao non velar polo patrimonio diocesano que lle foi encomendado.

O tema parece grave, que teña que ser o párroco quen lance un SOS As pinturas de Sta. María de Labradapara librar dunha desfeita irreversíbel, nesa chamada en castelán: “Salvar las pinturas murales de Labrada (Guitiriz)”. Esta misiva que recibín está dirixida á Xunta de Galicia, Valedor do Pobo e Ministerio de Educación. Ao bispo non? Ou xa é sabedor, e deu algún veredicto sobre esta situación? Este SOS que lanzou o señor Rodríguez Patiño, non deixa de ser unha decisión determinante e categórica, sobre un tema tan importante e sensíbel como a destrución do noso patrimonio. E cando digo noso, refírome a que os pintores deses frescos cobraron o seu salario dos fregueses de Labrada e non das autoridades eclesiásticas, aínda que estas decidiran os formatos iconográficos e súa execución.

Compre felicitar a Luís Ángel Rodríguez Patiño, por dar cumprimento á cidadanía, con carácter de urxencia, de algo tan importante como estes frescos do século XV, mesmo da transición do gótico ao renacemento. Este SOS apela a conciencia da cidadanía para que se restauren e conserven unhas das pinturas mais expresivas do patrimonio galego. Grazas a ese enorme legado pictórico que se espalla por todo Galiza, temos múltiples itinerarios para observar diversos estilos de arte que se mal conserva nas igrexas.

Os galegos non temos un gran museo de arte medieval e moderna no que se puideran integrar unha serie de grandes pinturas desperdiciadas nas igrexas, por falta de inventiva e fidelidade ao noso país. As pinturas de Labrada son un bo exemplo do que determina coidar e amar o noso patrimonio, porque nelas mais que relixiosidade hai arte, na que se recrean as nosas retinas, con eses tons cromáticos de enorme alcance creativo que nos sensibiliza para recrearnos en algo tan emotivo como son eses trazos e, tamén, a orde de persuasión que teñen. Todo isto, non podemos ignoralo e menos desprezalo ou ser indiferentes con todo o que aquí se expresa.

As pinturas de Labrada, na súa totalidade, están en grave estado, digamos que moitas delas aínda conservan o estado orixinal de recoñecemento, por tanto, non estamos falando de algo que teña desaparecido e queremos resucitar, senón de conservar e suprimindo tanto deterioro. Estas pinturas existen e proclaman a súa exuberancia, pero tamén gritan de que as salvemos. A chamada de atención do párroco é moi puntual e pragmática, e será efectiva noutras voces que denuncien esa depredación.

Lembro que as pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras (Chantada), estando en grave estado de depredación e abandono, servidor lanzou unha felicitación de Nadal (2005) a autoridades do patrimonio, eclesiásticas... e tamén a un público sensibilizado nestes temas. A postal tiña unha foto do pantocrátor en mal estado e unha lenda: “Salvemos as pinturas de Santa María de Pesqueiras”. En 2006 comezou o restauro e hoxe son unha das pinturas mais visitadas da Ribeira Sacra.

Labrada merece ser un deses centros pictóricos onde peregrinemos os amantes da arte e dos que procuran emotividade relixiosa. O camiño está aberto e trazado polo párroco, convén andalo e chegar a tódalas instancias das administracións para recobrar un dos monumentos mais vivos e orixinais que resplandecen neses murais da Terra Cha.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES