Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Caritel

martes, 16 de septiembre de 2014
O barrio da parroquia focega de San Martiño, por ubicarse nel a histórica ex-catedral e actual basílica, é o lugar de meirande interese cultural do concello. A historia acumula valores que concitan a atención das xentes e lugares mais ou menos inéditos convértense en cita para milleiros de visitantes atraídos polas pegadas no currículo dunha existencia que, no caso que nos ocupa, cífrase en preto de vinte séculos, dende a era do pre-románico, do que o cenobio é exemplar único.

Tampouco se libran de agresións, unhas da propia natureza e outras por actuacións privadas ou institucionais, como a perpetrada poucos anos hai que contou co beneplácito, e aínda a defensa, dos munícipes locais, a propósito de certas obras realizadas no seu entorno, rachando con toda harmonía estética e ambiental utilizando materiais disonantes coa construcción orixinal que dera lugar a que fose declarado monumento nacional, e de cuxas pedras, Alvaro Cunqueiro dixera que “parecen labradas por mans imposibles”.

Pretiño do cenobio, en paraxe de bucólica beleza a carón do río Centiño, ten o obradoiro o artista plástico Caxigueiro, onde por iniciativa propia, acaba de abrir ó público un fermoso xardín botánico de uns 3.500 m2 que destaca pola colección de camelias, formada por mais dun cento de variedades, así como abundante flora autóctona e curiosas especies exóticas O percorrido polo Espazo Caritel permite acceder ó edificio, obra do arquitecto Xosé D. Moscoso, con dúas salas para exposicións. O artista ten participado en numerosas mostras, individuais e colectivas; polifacético que domina variados medios de expresión: cerámica, escultura, fotografía, poesía... Presente en importantes certames de cidades galegas así como en Lisboa, Valencia, Madrid, Zaragoza, o seu traballo forma parte das mais prestixosas coleccións de Galicia: CGAC, Abanca, Unión FENOSA...

Sen dúbida que a iniciativa de Caxigueiro vai resultar exitosa porque aporta, a través da arte plástica e a natureza, alicerce que complementa a visita dese baluarte da Historia e da Cultura que é a Igrexa de San Martiño de Mondoñedo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES