Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais e ofrendas relixiosas (VI)

jueves, 18 de septiembre de 2014
7. OS RITUAIS
Arnold Rose sinala que os rituais distínguense polos seguintes elemetos: Posúen unha regularidade e periodicidade ó estar relacionados con certas festas; teñen un sentido para certo número de persoas; adoitan presentarse dun xeito dramático; e producen “consensus” de sentimientos mediante unha experiencia participativa. O rito é un universal cultural presente en todas as culturas. É inseparable de momentos importantes no ciclo da vida e vai acompañado de danza, canto, música, percusión, bandeiras, cor…; tamén amosa analoxías, metáforas e polaridades que trata de superar…

7.1. OS RITUAIS COLECTIVOS
7.1.1. A CELEBRACIÓN DE MISAS
Neste recinto sagrado foron oficiadas misas as dez e once da mañá; ó Etnorituais e ofrendas relixiosas (VI)mediodía e a unha da tarde, momento no que dous cregos da cidade de Lugo maís o párroco concelebraron a misa solemne. A misa resulta ser un momento de máxima tensión devocional. Tentan seguila o maior número de devotos a pesar dos inconvenientes que poida ocasional o encontrar un lugar axeitado.

7.1.2. O RITUAL DA PROCESIÓN
Ao rematar a misa solemne, levouse a cabo a procesión, que percorreu o perímetro do santuario. Nalgúns recintos sagrados de Quiroga, Pantón, Sober... a procesión lévase a cabo antes da celebración da misa solemne.
Na procesión interviron os seguintes elementos:
1º. A cruz parroquial levada un fregués da comunidade parroquial.
2º. A imaxe do Santo Anxo levada nas andas por catro homes da freguesía de Anseán.
3º. A advocación do Carme portada tamén nas andas por catro mulleres da parroquia.
4º. Os cregos concelebrantes.
5º. Os asistentes ao ritual colocados sen distinción de idade e sexo.
A procesión é un ritual relixioso que ten como finalidade expresar pública e colectivamente un culto, un diálogo coa divindade correspondente. Utiliza normalmente un espacio fora do templo que pasa a ser un soporte para esa hierofanía, para esa manifestación relixiosa. Polo tanto, ás rúas, as prazas, e calquera espacio de acollida do ritual recibe unha reinterpretación con posibilidade de valores de sacralidade. Deste xeito, as imaxes, que saen na procesión, santifican o espacio que percorren, proporcionando unha enerxía positiva a tódolos seres, tanto persoas como animais, que se encontran en dito espacio. “Dando una vuelta alrededor del santuario, la imagen santa o la reliquia sacralizan no sólo a las personas y a los animales, sino también a todo el entorno geográfico”. Segundo a disposición da procesión Álvarez Gastón distingue unha serie de características: “Se trata de manifestaciones más multitudinarias no sólo por los participantes activos, sino también por los numerosos espectadores. Dentro de la comunidad local es algo que llega vitalmente a los feligreses. Los elementos fundamentales de toda procesión son: las imágenes, la forma de llevarlas, el pueblo que participa y el que mira, el espíritu de la celebración –cantos, rezos, silencio...” Las procesiones son como un ritual de peregrinación menor. Guiada por la cruz procesional seguida de los estandartes, la comunidad eclesial camina a través de las calles, como dramatización de la historia sagrada, como exaltación epifánica, pero, sobre todo, como ritual de camino penitencial y salvifico.

7.2. OS RITUAIS DE PARTICIPACIÓN INDIVIDUAL
7.2.1. O RITUAL DE VIR ANDANDO Ó SANTUARIO
Hai anos bastantes devotos acudían ó santuario andando desde o seu lugar de orixe, como sacrificio previo antes de entrar en contacto co sagrado. Na actualidade, aínda que a maioría fan a viaxe en coches particulares, segue habendo pervivencias deste ritual. Así pódese apreciar como hai devotos, que aínda veñen caminando desde aquelas entidades de poboación cercanas ao recinto sagrado.

7.2.2. OS RITUAIS DE CONTACTO.
O desexo de todo devoto é entrar en contacto coas imaxes e demais elementos e obxectos vinculados ó santuario, xa que o sagrado proxecta a súa cualidade, sacraliza.
Entre os rituais de contacto máis habituais sinalamos os seguintes:

2.2.1. O RITUAL DE POÑE-LO SANTO.
Este ritual consiste en que dous fregueses da parroquia, realizan cunha imaxe pequena do Santo Anxo, unha cruz por riba da cabeza dos devotos. Estes bican dita imaxe e deixan unha esmola nunha bandexa ou boeta, situada ao caron dos poñentes -un home e unha muller-. Ámbos os dous, mentres levan a cabo o ritual, pronuncian unhas xaculatorias. Así, o fregués, situado áo pé do retablo lateral esquerdo, dice:
“Santo Ángel de la Guarda
te guarde y te libre de todo mal. Amen”.
Pola súa banda, a freguesa, colocada xunto ao retablo lateral dereito profire en galego castelanizado a seguinte:
“Santo Anxo bendito
te defenda de todos os males. Amén”
Segundo as oracións devanditas o santo non sempre é como o define a Igrexa, xa que non é un intermediario ante Deus, senón que ten un poder primario. “O Santo pode ser un ente con poder que lle son propios”.
Este ritual emprégase en moitos santuarios non só galegos senón tamén doutras comunidades do Estado español así como doutras nacións nas que segue habendo un forte contido relixioso de base católica “En muchos santuarios bretones los romeros besan las reliquias expuestas delante del coro”. “Los romeros portugueses, al terminar la misa, se agolpan para besar las imágenes del santo”.

8. AS OFRENDAS
8.1. AS MISAS
A misa é unha das promesas básicas, que levan a cabo os devotos nos santuarios ós que acoden. Esta ofrenda é anotada nun libro polo párroco ou por un fregués da parroquia, na que está situado o recinto sagrado. Neste santuario os devotos ofreceron no ano 2011 unhas sesenta misas. O seu custo foi de sete euros. Todas as misas ofíciaas o párroco no transcurso do ano.

8.2. OFRENDA EN METÁLICO
Etnorituais e ofrendas relixiosas (VI)Trátase dunha ofrenda, que se está facendo moi usual, en case todos os santuarios desta provincia. Lévase a cabo dos seguintes xeitos:
- Os devotos, logo de poñe-lo santo, deixan unha esmola nunha bandexa ou boeta, que se encontra ó carón do poñente.
- Un sancristán ou fregués da parroquia vai recollendo nunha bandexa ou petitorio a esmola dos devotos, que asisten á misa.
- Nos petos que se atopan no interior do santuario.

8.3. OS EXVOTOS DE CERA
Estes exvotos son obxectos artesanais, que simbolizan a una serie de animais: cochos, eguas, vacas, así como ó corpo humano e algunas das súas partes: brazos, mans, pernas, pés... Estas figuras eran levadas ao santuario polos devotos en testemuña do seu agradecemento pola influencia benéfica que o Santo Anxo exercera na cura de diferentes doenzas humanas. En todos os exvotos repítense tres elementos básicos: A promesa dun don a unha entidade sagrada pola consecución dun beneficio. O convencimento propio do individuo cando a entidade satisfizo a súa petición; e, finalmente, o don prometido polo ofrendante facendo constar públicamente que cumpriu a súa promesa. Ademais os exvotos deben amosar unha serie de trazos que os posibilitan como tal; así deben gardar unha relación coa persoa que recibiu o favor e o suceso que o motiva; e, tamén, perdurar no tempo, e decir pervivir mesmo da morte da persoa que o ofreceu. “Hai un tipo especial de ofrenda, os exvotos, que serven como sinal e lembranza do beneficio recibido”. “Estes exvotos foron e son moi abundantes en case todos os centros de romaría e permanecen expostos no altar como mostra das peticións feitas e como manifestación pública do poderío e capacidade de convocatoria do santo”.
No retablo lateral dereito do santuario do Santo Anxo aínda encontramos algúns exvotos de cera, que representan a figuras humanas, total e parcialmente. De todos xeitos este tipo de ofrenda segue sendo moi peculiar no Santuario do San Bernabé de Castrillón (O Corgo).
No Museo de Pontevedra hai unha serie de terracotas procedentes do santuario itálico de Calvi, situado na Campania. Neste santuario dedicáronse moitos exvotos ós deuses itálicos durante varios séculos. Destacan as cabezas de homes e mulleres, algúns animais: cochos, vacas. A maioría destas terracotas, feitas con molde, estiveron policromadas, sendo interesante comprobar a súa semellanza cos exvotos de cera que aínda se ofrecen en bastantes santuarios.

8.4. OS VELÓNS.
Na actualidade os devotos ofrecen “velóns” ou cirios pequenos, que un fregués da parroquia vende a un euro e medio no interior do espacio sagrado. Adoitan colocalos a ámbos lados do retablo central e, tamén, no retablo lateral dereito, permanecendo acesos ata que rematan os diferentes oficios relixiosos. Tamén hai devotos que oen as distintas misas, que se ofician no santuario, portando un velón aceso nas súas mans.
Algúns devotos compran a un euro e medio distintos recordos do Santo Anxo, como medallas e pulseiras.
Finalmente ao rematar os oficios relixiosos un grupo de gaiteiros toca algunhas pezas ao carón do recinto sagrado, onde tamén se encontra un posto de venda de rosquillas, que ten moita aceptación entre os fregueses asistentes.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES