Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (26)

miércoles, 17 de septiembre de 2014
Un recordo para as avoas


Din que, cando se mira ao pasado máis que o futuro, é que se vai indo vello. Pois claro, o pasado está aí e podemos recordalo. O futuro non é moi seguro, pois queda pouco tempo. Eu só recordo a miña avoa por parte de meu pai, e meu avó por parte de miña nai; pero, gústame que me conten cousas dos que non coñecín, pois así sabes algo das túas raíces.

Miña avoa paterna casouse moi nova, con 17 anos. Para o outro día foille chamar as vacas ao home e xa chorou, porque chamar as vacas era difícil, pois os que araban enfadábanse moito co chamador (querían facelo ben). Miña avoa, cando era nena, ía coas vacas con outra veciña, que non era ben lista. Polas feiras de Betanzos, pasaba a xente polo camiño para a casa. A veciña quitáballe os pendentes á nena e escondíallos debaixo dunha pedra e, logo, pedía aos que pasaban da feira. Algúns dábanlles molete (xa tiñan picardía).
Esta avoa naceu nun muíño. Agora que teño setenta e catro anos, cando pasamos por unha ponte que está a cen metros, dígolles aos meus fillos: “Naquelas paredes naceu miña avoa”.

Da outra avoa non teño recordos, só o que me contaron miña nai e meus irmáns: que era moi agarimosa, quería moito aos seus netos. Sufriu moito na vida. Mamá levoulle un neno para quitarlle o peito. O neno tiña vinte meses. Mentres ela colleu un caldeiro de auga, o neno queimouse. Subiuse á lareira, respirou fume das brasas e durou tres días. Xa pouco durou ela detrás.

Cando se casaron meus pais, a avoa foi á vila comprarlle a roupa para a voda a miña nai: unha saia e unha chambra; era todo o traxe dunha voda. Eles queríanse e non facía falta tanto vestido nin tanto luxo.

Hai anos, falando cun irmán xa maior, contábame o bo recordo que tiña da avoa Ma Antonia. Dicíame: “Esa era unha avoa de verdade”. Os nenos sempre lles quedan bos recordos da xente que os quere.

Así, un agarimoso recordo para as avoas e avós que tanto fixeron polos netos.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES